Saltar ao contido

Sabino Mariño Pereira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaSabino Mariño Pereira
Biografía
Nacementoc. 1902 Editar o valor en Wikidata
Forcarei, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de novembro de 1992 Editar o valor en Wikidata (89/90 anos)
Perillo, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Forcarei
xullo de 1936 – 1937
Alcalde de Forcarei
xuño de 1931 – 1934 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado, político Editar o valor en Wikidata

Nomes e Voces: 455

Sabino Mariño Pereira, nado en Forcarei cara a 1902 e finado en Perillo (Oleiros) o 19 de novembro de 1992,[1] foi un avogado e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de José Mariño Cerviño e Carmen Pereira Bértolo. Avogado en Forcarei. Membro da Sociedad obrera de Oficios Varios La Polar (UGT). Coa proclamación da República foi nomeado membro do Comité provisional en abril de 1931.[2] Logo da repetición das eleccións municipais foi elixido alcalde de Forcarei en xuño de 1931.[3] Cesou como alcalde en 1934. Foi nomeado delegado provincial interino de Traballo na Coruña en xullo de 1934,[4] cesando en xaneiro de 1935.[5] Exerceu como apoderado das dereitas nas eleccións de febreiro de 1936. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado alcalde de Forcarei a finais de xullo.[6] En marzo de 1937 foi denunciado por facilitar documentación a catro veciños de Millerada de ideas esquerdistas que querían emigrar a América. Xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión, resultando sobresemento provisional e unha multa de 1000 ptas. En 1940 instruíronlle expediente de responsabilidades políticas.[7] Nos anos sesenta foi xuíz comarcal de Forcarei.


Predecesor:
?
 
Alcalde de Forcarei
 
1931 - 1934
Sucesor:
Benito Campos García
Predecesor:
Francisco Gamallo Racamonde
 
Alcalde de Forcarei
 
1936 - 1937
Sucesor:
Prudencio Gutiérrez Mansilla

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Bobillo González e foi pai de Consuelo, José Manuel e María del Carmen Mariño Bobillo.

  1. Necrolóxica en La Voz de Galicia, 20-11-1992, p. 66.
  2. El Pueblo Gallego, 18-4-1931, p. 7.
  3. El Pueblo Gallego, 9-6-1931, p. 10.
  4. El Pueblo Gallego, 13-7-1934, p. 8.
  5. La Voz de Galicia, 19-1-1935, p. 12.
  6. La Voz de Galicia, 29-7-1936, p. 5.
  7. El Compostelano, 2-12-1940, p. 2.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]