Sabino Fuciños Buján
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 27 de outubro de 1888 Melide, España |
| Morte | 4 de maio de 1977 Melide, España |
| 15 de marzo de 1933 – 2 de maio de 1934 ← Inocencio Fuciños Quintás – Antonio Souto Mosteiro → | |
| Actividade | |
| Ocupación | político |
| Familia | |
| Pai | Inocencio Fuciños Quintás |
| Irmáns | Jesús Fuciños Buján |
Sabino Fuciños Buján, nado en Melide o 27 de outubro de 1888 e finado no mesmo concello o 4 de maio de 1977, foi un industrial e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Fillo de Inocencio Fuciños Quintás. Na Segunda República foi concelleiro de Melide e primeiro tenente alcalde.[1] Logo da morte do alcalde, o seu pai Inocencio Fuciños, foi elixido alcalde de Melide o 15 de marzo de 1933. Permaneceu no cargo ata o 2 de maio de 1934. Finou en Melide o 4 de maio de 1977.[2]
Recoñecementos
[editar | editar a fonte]Unha rúa de Melide leva o seu nome.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Casou con María Rivas Buide e foi pai de Luis, María, Inocencia, Mercedes e Inmaculada Fuciños Rivas.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Concelleiros das corporacións republicanas
- ↑ Necrolóxica en La Voz de Galicia, 5-5-1978, p. 57.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Fuciños Gómez, Xosé Domingos (1997). "Alcaldes titulares de Melide. Relación cronolóxica 1900-1995;". Boletín do Centro de Estudios Melidenses-Museo da Terra de Melide. (10): 32–33.
| Predecesor: Inocencio Fuciños Quintás |
Alcalde de Melide 1933 - 1934 |
Sucesor: Antonio Souto Mosteiro |