Saltar ao contido

Inocencio Fuciños Quintás

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaInocencio Fuciños Quintás
Biografía
Nacemento28 de xullo de 1853 Editar o valor en Wikidata
Melide, España Editar o valor en Wikidata
Morte19 de febreiro de 1933 Editar o valor en Wikidata (79 anos)
Melide, España Editar o valor en Wikidata
Alcalde de Melide
1931 – 19 de febreiro de 1933 (finado no cargo)Sabino Fuciños Buján →
Alcalde de Melide
1923 – 1924 – César Rodríguez Carril →
Alcalde de Melide
1923 – 1923
Alcalde de Melide
1920 – 1921
Alcalde de Melide
1919 – 1920 Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónindustrial, banqueiro, político Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosJesús Fuciños Buján, Sabino Fuciños Buján Editar o valor en Wikidata

Inocencio Víctor Fuciños Quintás Pita, nado en Melide o 28 de xullo de 1853 e finado no mesmo concello o 19 de febreiro de 1933, foi un industrial, banqueiro e político galego.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Fillo de José Fuciños Miguélez Pita. Formouse e traballou co ebanista de Santiago de Compostela, Urbano Anido, mentres estudaba na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago. Traballou de administrador da fábrica de curtidos de Furelos. Continuador da Casa de Pita, fundada polo seu pai, foi titular dunha banca en Melide e correspondente do Banco de España. Foi o promotor da instalación da electricidade en Melide, inaugurada en 1909.

Vinculado ao Partido Liberal, foi concelleiro de Melide e alcalde en varias ocasións durante a Restauración e na ditadura de Primo de Rivera; foi o primeiro alcalde da II República. Finou en Melide o 19 de febreiro de 1933, sendo alcalde e presidente da Mancomunidade de concellos de Melide, Toques e Santiso.[1]

Recoñecementos

[editar | editar a fonte]

Unha rúa de Melide leva o seu nome.

Vida persoal

[editar | editar a fonte]

Casou con María Francisca Buján García en 1877, e foi pai de Isidro, Dámaso, Presentación, José María, María Elisa, Sabino, Jesusa Presentación, Carmen, Socorro, Jesús, Manuela, Mercedes e Inocencio Fuciños Buján.

  1. Necrolóxica en El Ideal Gallego, 21-2-1933, p. 4, 8.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
Predecesor:
Solitario Gontán Otero

Alcalde de Melide

1919 - 1920
Sucesor:
Jesús Landín Segade
Predecesor:
Jesús Landín Segade

Alcalde de Melide

1920 - 1921
Sucesor:
Jesús Landín Segade
Predecesor:
Jesús Landín Segade

Alcalde de Melide

1923
Sucesor:
José Mosteiro Guntín
Predecesor:
José Mosteiro Guntín

Alcalde de Melide

1923 - 1924
Sucesor:
César Rodríguez Carril
Predecesor:
Avelino Núñez Ulla

Alcalde de Melide

1931 - 1933
Sucesor:
Sabino Fuciños Buján