Sabina Choqueticlla

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaSabina Choqueticlla
Biografía
Nacemento1950 Editar o valor em Wikidata
Departamento de Oruro, Bolivia Editar o valor em Wikidata
Mortexaneiro de 2014 Editar o valor em Wikidata (63/64 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeBolivia Editar o valor em Wikidata
Grupo étnicoPobo aimará Editar o valor em Wikidata

Camila Choqueticlla Mamani,[1] máis coñecida polo nome Sabina Choqueticlla, nada en Oruro en 1950 e finada en El Alto en xaneiro de 2014, foi unha líder aimará, guerrilleira, política e candidata á vicepresidencia de Bolivia durante as eleccións presidenciais de 2005.[2][3]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Choqueticlla naceu no departamento de Oruro, ao oeste de Bolivia. Foi militante do EGTK.[4]

Na década de 1980 formou parte do MITKA, Movemento Indio Tupak Katari, do cal se arredou posteriormente xunto a Felipe Quispe, José Aramayo e Fernando Surco.[5]

Confederación Bartolina Sisa.

Foi unha das fundadoras da Confederación Nacional de Mulleres Labregas Indíxenas Orixinarias de Bolivia - Bartolina Sisa en 1980, cando a denominación e figura da organización foi a de Federación Nacional Mulleres de Bolivia Bartolina Sisa e desenvolveu o rol de dirixente nas súas diferentes etapas. En 1986 foi elixida líder da organización, conseguindo en 1989 que a organización tivese a mesma xerarquía ca a Confederación Sindical Única de Traballadores Labregos de Bolivia .[6]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Bolivia: Elecciones Presidenciales de 2005". pdba.georgetown.edu. Consultado o 2024-03-24. 
  2. YÁÑEZ-BARNUEVO (2005). "Informe del Sr. YÁÑEZ-BARNUEVO, Presidente de la Delegación dirigida a las Comisiones de Asuntos Exteriores y de Desarrollo" (PDF). DELEGACIÓN PARA LA OBSERVACIÓN ELECTORAL EL 18 DE DICIEMBRE DE 2005 EN BOLIVIA. Consultado o 24-03-2024. 
  3. "BBC Mundo | Los candidatos". www.bbc.co.uk. Consultado o 2024-03-24. 
  4. "El Ejército Guerrillero Tupak Katari (EGTK), la insurgencia aymara en Bolivia". pacarinadelsur.com. Consultado o 2024-03-24. 
  5. "CeDeMA". cedema.org. Consultado o 2024-03-24. 
  6. "FOTOREPORTAJE: Confederación Bartolina Sisa, 42 años de lucha, dignidad y rebeldía". APCBOLIVIA (en castelán). 2022-01-11. Consultado o 2024-03-24.