Saab 37 Viggen

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Saab 37 Viggen
Saab AJS-37 Viggen 37098 52 (SE-DXN) (9256079273).jpg
Tipoataque, caza e recoñecemento
FabricanteSaab
Primeiro voo8 de febreiro de 1967
Introducido21 de xuño de 1971
Produción1970 - 1990
Unidades construídas329

O Saab 37 Viggen ("raio") é un avión de combate sueco de curto a medio alcance, cun só asento e un só motor. Saab iniciou o seu desenvolvemento en 1952 e, tras a elección dunha radical configuración de á delta, o avión resultante realizou o seu voo de estrea o 8 de febreiro de 1967 e entrou en servizo o 21 de xuño de 1971. O Viggen ten a distinción de ser o primeiro deseño canard en ser producido nunha cantidade significativa.

Producíronse varias distintivas variacións do Viggen para realizar roles de ataque (AJ 37), recoñecemento aéreo (SF 37), patrulla marítima (SH 37) e adestrador bipraza (SK 37). A finais dos 70 introducíuse a versión de caza-interceptor todo-tempo JA 37. En novembro de 2005 o Viggen foi retirado do servizo na Forza Aérea de Suecia, o único operador do modelo, sendo substituído polo novo Saab JAS 39 Gripen.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre aviación é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.