Shiyan

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «SY 1»)

Shiyan, tamén coñecidos como SY, é o nome dunha serie de satélites da República Popular da China adicados a facer diversos experimentos e probar novas tecnoloxías no espazo. Os primeiros SY lanzáronse en 2004.[1]

Shiyan 1 e 2[editar | editar a fonte]

Shiyan 1 e 2 foron os dous primeiros satélites da serie Shiyan en ser lanzados. Os dous engalaron a bordo de foguetes Longa Marcha 2C, o primeiro o 18 de abril de 2004 e o segundo o 18 de novembro do mesmo ano. Tiñan unha masa de 204 kg e levaban un sistema experimental de imaxe dixital capaz de obter imaxes estereográficas da superficie terrestre con usos civís e militares.[2][1]

Shiyan 3 e 4[editar | editar a fonte]

Shiyan 3 e 4 foron lanzados mediante foguetes Longa Marcha 2D o 5 de novembro de 2008 e o 20 de novembro de 2011 respectivamente. Cunha masa de 204 kg, tamén foron adicados a probar un sistema experimental de imaxe dixital.[3][1]

Shiyan 5[editar | editar a fonte]

Shiyan 5 usaba o bus CAST 1000 e foi lanzado mediante un Longa Marcha 2D para facer probas dun sistema de sensores remotos.[4][1]

Shiyan 6 1, 2 e 3[editar | editar a fonte]

Os tres satélites Shiyan 6 foron lanzados entre 2018 e 2021 mediante foguetes CZ-2D e CZ-4B para estudar a contorna espacial, pero non se coñecen máis detalles dos mesmos.[5][1]

Shiyan 7[editar | editar a fonte]

Ás veces referido como Shiyan 7A e Shiyan 7B, Shiyan 7 (tamén denominado Tansuo 7) foi lanzado o 19 de xullo de 2013 mediante un CZ-4C para, unha vez en órbita, despregar un subsatélite (Shiyan 7B). O satélite principal levaba un brazo robótico e ambos satélites fixeron manobras e probas conxuntas, acoplándose e desacoplándose varias veces. A masa conxunta dos satélites era de 204 kg.[6][1]

Shiyan 9[editar | editar a fonte]

Shiyan 9 foi lanzado a bordo do segundo CZ-7A en engalar, o 11 de marzo de 2021, para facer experimentos non determinados.[7][1]

Shiyan 10 1 e 2[editar | editar a fonte]

O primeiro satélite Shiyan 10 foi lanzado nun Longa Marcha 3B o 27 de setembro de 2021. Aparentemente sufriu problemas no seu sistema de enerxía. Un segundo Shiyan 10 foi lanzado no mesmo tipo de foguete o 29 de decembro de 2022.[8][1]

Shiyan 11[editar | editar a fonte]

Shiyan 11 foi lanzado a unha órbita de 489 x 502 km de altura e 97,45° de inclinación orbital o 24 de novembro de 2021 mediante un foguete Kuaizhou 1A.[9][1]

Shiyan 12 1 e 2[editar | editar a fonte]

Shiyan 12 1 e 2 tamén foron coñecidos en conxunto como HOTS (High Orbit Test Satellite) e o seu propósito é descoñecido. Ambos foron lanzados a bordo dun CZ-7A o 23 de decembro de 2021.[10][1]

Shiyan 13[editar | editar a fonte]

Shiyan 13 engalou a bordo dun CZ-2D o 17 de xaneiro de 2022 a unha órbita de 468 x 493 km e 97,44° de inclinación.[11][1]

Shiyan 14[editar | editar a fonte]

Shiyan 14 foi un satélite experimental con fins descoñecidos lanzado a bordo dun Kuaizhou 1A o 24 de setembro de 2022 xunto con Shiyan 15.[12][1]

Shiyan 15[editar | editar a fonte]

Shiyan 15 foi lanzado no mesmo foguete Kuaizhou 1A que Shiyan 14, aínda que tiñan fins distintos. Está adicado á observación da Terra para mellorar a planificación urbanística, o estudo da superficie e a prevención e mitigación de desastres naturais.[13][1]

Shiyan 16A e 16B[editar | editar a fonte]

Shiyan 16A e 16B foron lanzados cunha misión similar á de Shiyan 15. Engalaron no mesmo foguete CZ-6 o 26 de setembro de 2022 xunto con Shiyan 17.[14][1]

Shiyan 17[editar | editar a fonte]

Shiyan 17 ten unha misión parecida á de Shiyan 16A, 16B e Shiyan 15 e foi lanzado no mesmo foguete que os dous primeiros.[15][1]

Shiyan 19[editar | editar a fonte]

Shiyan 19 foi lanzado cunha misión experimental descoñecida a bordo dun foguete Longa Marcha 11 o 15 de marzo de 2023.[16][1]

Shiyan 20A, 20B e 20C[editar | editar a fonte]

Os tres satélites Shiyan 20 foron lanzados a órbita cunha misión experimental non especificada. Shiyan 20A e Shiyan 20B engalaron o 12 de decembro de 2022 a bordo dun CZ-4C, mentres que Shiyan 20C fixo o propio o 29 de outubro dese mesmo ano pero a bordo dun CZ-2D.[17][1]

Shiyan 21[editar | editar a fonte]

Shiyan 21 é un satélite experimental con obxectivos non coñecidos lanzado a bordo dun CZ-11 o 16 de decembro de 2022.[18][1]

Shiyan 22A e 22B[editar | editar a fonte]

Os dous satélites Shiyan 22 chegaron a órbita no mesmo foguete CZ-2D o 13 de xaneiro de 2023 coa misión de estudar novas tecnoloxías para estudar a contorna espcial.[19][1]

Shiyan 24A, 24B, 24C-1, 24C-2 e 24C-3[editar | editar a fonte]

Os cinco satélites Shiyan 24 son demostradores tecnolóxicos lanzados os dous primeiros (Shiyan 24A e 24B) nun Lijian-1 o 7 de xuño de 2023, mentres que os tres últimos o foron nun CZ-11H o 25 de decembro de 2023.[20][1]

Shiyan 25[editar | editar a fonte]

Shiyan 25 foi lanzado a órbita o 20 de xuño de 2023 a bordo dun Longa Marcha 6 para probar novas tecnoloxías de observación da Terra.[21][1]

Historial de lanzamentos[editar | editar a fonte]

Misión[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][20][21] Data de lanzamento[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][20][21] Foguete lanzador[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][20][21] Notas[1][2][3][4][5][6][7][8][9][10][11][12][13][14][15][16][17][18][19][20][21]
Shiyan 1 18 de abril de 2004 CZ-2C Éxito
Shiyan 2 18 de novembro de 2004 CZ-2C Éxito
Shiyan 3 5 de novembro de 2008 CZ-2D Éxito
Shiyan 4 20 de novembro de 2011 CZ-2D Éxito
Shiyan 7A 19 de xullo de 2013 CZ-4C Éxito
Shiyan 7B 19 de xullo de 2013 CZ-4C Éxito
Shiyan 5 25 de novembro de 2013 CZ-2D Éxito
Shiyan 6 1 19 de novembro de 2018 CZ-2D Éxito
Shiyan 6 2 4 de xullo de 2020 CZ-2D Éxito
Shiyan 9 11 de marzo de 2021 CZ-7A Éxito
Shiyan 6 3 8 de abril de 2021 CZ-4B Éxito
Shiyan 10 1 27 de setembro de 2021 CZ-3B Éxito
Shiyan 11 24 de novembro de 2021 KZ-1A Éxito
Shiyan 12 1 23 de decembro de 2021 CZ-7A Éxito
Shiyan 12 2 23 de decembro de 2021 CZ-7A Éxito
Shiyan 13 17 de xaneiro de 2022 CZ-2D Éxito
Shiyan 14 24 de setembro de 2022 KZ-1A Éxito
Shiyan 15 24 de setembro de 2022 KZ-1A Éxito
Shiyan 16A 26 de setembro de 2022 CZ-6 Éxito
Shiyan 16B 26 de setembro de 2022 CZ-6 Éxito
Shiyan 17 26 de setembro de 2022 CZ-6 Éxito
Shiyan 20C 20 de outubro de 2022 CZ-2D Éxito
Shiyan 20A 12 de decembro de 2022 CZ-4C Éxito
Shiyan 20B 12 de decembro de 2022 CZ-4C Éxito
Shiyan 21 16 de decembro de 2022 CZ-11 Éxito
Shiyan 10 2 29 de decembro de 2022 CZ-3B Éxito
Shiyan 22A 13 de xaneiro de 2023 CZ-2D Éxito
Shiyan 22B 13 de xaneiro de 2023 CZ-2D Éxito
Shiyan 19 15 de marzo de 2023 CZ-11 Éxito
Shiyan 24A 7 de xuño de 2023 Lijian-1 Éxito
Shiyan 24AB 7 de xuño de 2023 Lijian-1 Éxito
Shiyan 25 20 de xuño de 2023 CZ-6 Éxito
Shiyan 24C-1 25 de decembro de 2023 CZ-11H Fallo
Shiyan 24C-2 25 de decembro de 2023 CZ-11H Éxito
Shiyan 24C-3 25 de decembro de 2023 CZ-11H Éxito

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 1,24 Mark Wade (2024). "SY 1,2" (en inglés). Consultado o 27 de marzo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 1, 2 (SY 1, 2, TS 1, 2)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 3, 4 (SY 3, 4 / TS 3, 4)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 5 (SY 5)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 6-01, 02, 03 (SY 6-01, 02, 03)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 7A, 7B (SY 7A, 7B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  7. 7,0 7,1 7,2 7,3 7,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 9 (SY 9)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 10-01, 02" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  9. 9,0 9,1 9,2 9,3 9,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 11 (SY 11)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  10. 10,0 10,1 10,2 10,3 10,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 12-01, 02 (SY 12-01, 02)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  11. 11,0 11,1 11,2 11,3 11,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 13 (SY 13)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  12. 12,0 12,1 12,2 12,3 12,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 14 (SY 14)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 15 (SY 15)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  14. 14,0 14,1 14,2 14,3 14,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 16A, 16B (SY 16A, 16B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  15. 15,0 15,1 15,2 15,3 15,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 17 (SY 17)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  16. 16,0 16,1 16,2 16,3 16,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 19 (SY 19)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  17. 17,0 17,1 17,2 17,3 17,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 20A, 20B, 20C (SY 20A, 20B, 20C)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  18. 18,0 18,1 18,2 18,3 18,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 21 (SY 21)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  19. 19,0 19,1 19,2 19,3 19,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 22A, 22B (SY 22A, 22B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  20. 20,0 20,1 20,2 20,3 20,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 24A, 24B (SY 24A, 24B)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 
  21. 21,0 21,1 21,2 21,3 21,4 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "Shiyan 25 (SY 25)" (en inglés). Consultado o 26 de marzo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]