STS-69

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-69
Lanzamento da misión STS-69.
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento7 de setembro de 1995, 15:09 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39A[3][6]
Duración da misión10,85 días[6]
Obxectivo da misiónObservacións astronómicas coa plataforma SPARTAN-201.[3][6]
Regreso18 de setembro de 1995[6]
Sitio de regresoCentro Espacial Kennedy
NSSDC ID1995-048A

STS-69 foi unha misión do transbordador espacial Endeavour lanzada o 7 de setembro de 1995 desde a rampla 39A do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-69, con cinco astronautas (David M. Walker, Kenneth D. Cockrell, James S. Voss, James H. Newman e Michael L. Gernhardt) a bordo, foi lanzada para facer observacións astronómicas mediante a plataforma SPARTAN-201, liberada e máis tarde recuperada pola tripulación. Tamén se uso ou Wake Shield Facility-2, un disco de aceiro de 4 m de diámetro liberado e recollido polo brazo robot do transbordador para xerar unha contorna de ultrabaleiro na súa estela e producir láminas de semicondutor ultrapuras de posible uso comercial.[3][5][6][7]

SPARTAN-201 foi usada para facer observacións da interacción entre o Sol, a súa atmosfera e o vento solar para estudar como se xera este. O voo de SPARTAN-201 fíxose coincidir co paso da sonda Ulysses, adicada tamén ao estudo do Sol, sobre o polo norte solar. A bordo do transbordador tamén ía IEH-1 para a observación do Sol no ultravioleta e CONCAP IV-3, terceiro voo dun experimento para o estudo do crecemento de cristais ópticos orgánicos non lineais.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra no Centro Espacial Kennedy o 18 de setembro de 1995.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 69" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 31 January 1996 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (96-80746T). 9 de febreiro de 1996: 12. Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 69" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-69" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-69" (en inglés). Consultado o 4 de febreiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (1 de abril de 2010). "STS-69" (en inglés). Consultado o 10 de decembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]