STS-29

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STS-29
Lanzamento da misión STS-29
TipoTripulado
OrganizaciónNASA
Data de lanzamento13 de marzo de 1989, 14:57 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorTransbordador espacial[3][5]
Sitio de lanzamentoCentro de Lanzamento de Cabo Cañaveral, rampla 39B[3][6]
Duración da misión4,99 días[6]
Obxectivo da misiónLanzamento do satélite TDRS 4 e realización de varios experimentos.[3][6]
Regreso18 de marzo de 1989[6]
Sitio de regresoBase Edwards da Forza Aérea
NSSDC ID1989-021A

STS-29 foi unha misión do transbordador espacial Discovery lanzada o 13 de marzo de 1989 desde a rampla 39B do Centro de Lanzamento de Cabo Cañaveral.[2][3][5][6]

Características[editar | editar a fonte]

STS-29, con cinco astronautas a bordo, foi lanzada para poñer en órbita o satélite de comunicacións TDRS 4 e realizar varios experimentos biolóxicos e tecnolóxicos. A tripulación estaba formada polo comandante Michael L. Coats, o piloto John E. Blaha e os especialistas de misión James P. Bagian, James F. Buchli e Robert C. Springer.[3][5][6][7]

Como misión secundaria a tripulación levou a cabo varios experimentos biomédicos e tecnolóxicos, entre eles OASIS-1, SHARE, experimentos de crecemento de cristais de proteína (PCG), de divión celular en plantas (CHROMEX), dous experimentos desenvolvidos por estudantes e un experimento da Forza Aérea para calibración de obxectivos no espazo.[3][5][6][7]

O transbordador regresou a terra na Base Edwards da Forza Aérea o 18 de marzo de 1989.[3][5][6][7]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "STS 29" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  2. 2,0 2,1 "Note verbale dated 19 December 1989 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations addressed to the Secretary-General" (PDF) (90-00231). 3 de xaneiro de 1990: 15. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 NASA (21 de marzo de 2017). "STS 29" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  4. Claude Lafleur (2010). "STS-29" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 04 de xaneiro de 2018. Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 5,4 Gunter Dirk Krebs (2016). Gunter's Space Page, ed. "Shuttle" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 6,5 6,6 6,7 Mark Wade (2011). "STS-29" (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2018. 
  7. 7,0 7,1 7,2 NASA (30 de agosto de 2008). "STS-29" (en inglés). Consultado o 7 de novembro de 2021. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]