STEP 0

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
STEP 0 / TAOS / USA 101
Representación artística de STEP 0.
TipoDemostrador tecnolóxico
OrganizaciónForza Aérea dos Estados Unidos
Contratistas principaisTRW, CTA, Orbital Sciences Corporation
BusLEOStar
Data de lanzamento13 de marzo de 1994[1][2][3]
Foguete portadorTaurus[2][4]
Sitio de lanzamentoBase Vandenberg da Forza Aérea[2][3][4][5]
Obxectivo da misiónProbas tecnolóxicas.[2][3][4][5]
NSSDC ID1994-017A
Masa502 kg[4][2]

STEP 0, acrónimo de Space Test Experiment Platform 0 e tamén coñecido como a súa carga útil, TAOS (Technology for Autonomous Operational Satellite), foi un satélite artificial da Forza Aérea dos Estados Unidos lanzado o 13 de marzo de 1994 a bordo dun foguete Taurus desde a Base Vandenberg da Forza Aérea.[1][2][4][5]

Características[editar | editar a fonte]

STEP 0 foi un satélite de demostración tecnolóxica baixo o programa STP (Space Test Program) para facer diversos experimentos no espazo. Construído co bus LEOStar, con 502 kg de masa e alimentado por dous paneis solares, levaba a bordo a carga TAOS para facer experimentos de voo autónomo.[1][2][4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 N2YO (2024). Real Time Satellite Tracking, ed. "USA 101" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2024. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 NASA (28 de outubro de 2022). "STEP 0" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2024. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Note verbale dated 25 August 1994 from the Permanent Representative of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (94-25918 (E)). 7 de setembro de 1994: 2. Consultado o 17 de marzo de 2024. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 Gunter Dirk Krebs (2024). Gunter's Space Page, ed. "STEP 0 (TAOS, P90-5)" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2024. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Mark Wade (2024). "STEP 0" (en inglés). Consultado o 17 de marzo de 2024. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]