SSME

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
SSME / Space Shuttle main engine
Un SSME sendo inspeccionado.
País de orixe Estados Unidos[1]
Data 1986-2011[1]
Primeiro voo 12 de abril de 1981[1]
Fabricante Rocketdyne[1]
Aplicación Motores principais dos transbordadores espaciais.[1]
Estado Fora de produción[1]
Motor de combustible líquido
Propelente Osíxeno líquido[1] / Hidróxeno líquido[1]
Taxa de mestura 6[1]
Configuración
Cámara 1[1]
Taxa da tobeira 77,5[1]
Rendemento
Pulo 2278,0 kN[1]
Pulo (nivel do mar) 1817,4 kN[1]
Taxa de pulo a peso 73,1[1]
Presión na cámara 204,08 bares[1]
Impulso específico 453 s[1]
Isp (nivel do mar) 363 s[1]
Tempo de acendido 480 segundos[1]
Dimensións
Lonxitude 4,24 m[1]
Diámetro 1,63 m[1]
Peso seco 3177 kg[1]
Usado en
Transbordador espacial[1]

SSME, acrónimo de Space Shuttle main engines, e tamén denominados RS-25, é a designación dun tipo de motor foguete utilizado como motores principais dos transbordadores espaciais estadounidenses. Son os únicos motores crioxénicos reusables de alta presión e ciclo pechado que teñen sido postos en produción. Usábanse en grupos de tres na base do transbordador para propulsar o conxunto ata órbita xunto cos foguetes de propelente sólido SRB. Os SSME alimentábanse con hidróxeno líquido e oxíxeno líquido provenintes do tanque externo acaroado ao transbordador. Unha vez en órbita o tanque desbotábase e os motores permanecían no transbordador para volver a terra e ser reusados. O deseño inicial especifaba que os motores debían poder ser reusados ata dez veces sen ser inspeccionados nin desmontados, pero este obxectivo nunca se acadou, tendo que ser inspeccionados tras cada voo, encarecendo os lanzamentos.[1]

Os SSME deixaron de usarse coa retirada dos transbordadores espaciais, en 2011. Houbo un intento de mantelos en produción co proxecto de foguetes Ares I e Ares V, que nunca chegaron a materializarse. Serán usados nos voos iniciais do foguete xigante SLS.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,00 1,01 1,02 1,03 1,04 1,05 1,06 1,07 1,08 1,09 1,10 1,11 1,12 1,13 1,14 1,15 1,16 1,17 1,18 1,19 1,20 1,21 1,22 1,23 Mark Wade (2017). "SSME" (en inglés). Consultado o 14 de decembro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]