Saltar ao contido

SPA (automoción)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SPA (automoción)


Tipofabricante de caminhões (pt) Traducir e fabricante de automóbiles Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicasociedade por accións Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
Propietario/aFiat Industrial Vehicles (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Fundador/aMatteo Ceirano (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
MatrizFiat Industrial Vehicles (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaindustria do automóbil Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación1906 Editar o valor en Wikidata
Disolución1926 Editar o valor en Wikidata
Localización
PaísItalia Editar o valor en Wikidata
SedeTurín Editar o valor en Wikidata
Lugar de formaciónTurín Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBsocietapiemonteseautomobili.com Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]
S.P.A. 50 HP 9000 1914

SPA, acrónimo de Società Piemontese Automobili, foi un fabricante italiano de automóbiles entre 1906 e 1926. A empresa foi fundada por Matteo Ceirano e Michele Ansaldi de Turín baixo o nome de Società Automobili Piemontese. Os primeiros coches foron exhibidos na Esposizione dei Torino. Estes modelos, deseñados por Ceirano, chamábanse 28/40HP e 60/70HP.

En 1908, a compañía fusionouse coa Fabbrica Ligure Automobili Genova (FLAG) e converteuse na nova compañía Società Ligure Automobili Piemontese. A sede estaba en Xénova, mentres que a produción continuou en Turín.

O ano seguinte un SPA pilotado por Ciuppa gañou a carreira Targa Florio. Antes da primeira guerra mundial, había dous coches, de catro e seis cilindros, o máis grande tiña un desprazamento 11.536cc. En 1916, tanto Ceirano e Ansaldi abandonaran.

Logo da guerra, a produción renovouse cos modelos anteriores á guerra (25/30 HP e 14/16HP). En 1923 a empresa trasladouse a Turín, unha vez máis. Os novos modelos deportivos (Tipo 23,Tipo 24 e Tipo 25) comercializáronse - o modelo máis progresista tiña un motor de seis cilindros DOHC de 24 válvulas.

Por mor dos problemas financeiros da empresa, Fiat fíxose cargo en 1925 e a compañía pronto suspendeu a fabricación de coches en favor dos vehículos comerciais e militares. Logo da segunda guerra mundial, Fiat renovou a produción de automóbiles durante un tempo, pero en 1947 a empresa foi absorbida para rematar, en Fiat.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]