Saltar ao contido

SEAT Málaga

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SEAT Málaga

Outros nomes SEAT Gredos (Grecia)
Fabricante SEAT
País España España
Deseño Giorgetto Giugiaro
Produción 231.852 unidades
Montaxe Barcelona, Cataluña Cataluña
Período 1985-1991
Configuración
Tipo Automóbil de turismo
Segmento Segmento C
Dimensións
Lonxitude 4273 mm
Anchura 1650 mm
Altura 1345 mm
Peso 965-975 kg
Características técnicas
Motor 1193 cc gasolina
1461 cc gasolina
1714 cc diésel
Potencia 63, 85-100 e 55 CV
Modelos relacionados
Antecesor SEAT 131
Sucesor SEAT Córdoba


O SEAT Málaga (en Grecia SEAT Gredos) é un modelo de automóbil de turismo familiar, producido polo fabricante español SEAT entre os anos 1985 e 1991. O modelo Málaga foi o sucesor do SEAT 131, e pertence ó segmento de vehículos con motor dianteiro, tracción dianteira e 4 portas.

O "Málaga" contou con 3 motorizacións, 2 de gasolina e 1 diésel, que ofrecían un rango de potencias dende os 55 ós 100 CV. Os motores de gasolina foron deseñados por Porsche, mentres que o diésel seguía sendo de orixe Fiat.

O SEAT Málaga era basicamente un SEAT Ibiza con carrozaría sedán de 3 volumes, é dicir, "con beiril traseiro". Cando deixou de ser fabricado en 1991 tivo que agardar 2 anos para ser substituído polo SEAT Córdoba.

Do SEAT Málaga producíronse 231.852 unidades.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]