SA (álbum)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
SA
Álbum de Ami Suzuki
Publicado: {{{publicado}}}
Datas de gravación: 1998
Estudio(s) de gravación: {{{estudio}}}
Duración: {{{duración}}}
Xénero: J-Pop
Selo(s): Sony Music
Producido por: Tetsuya Komuro
Cronoloxía
- SA Infinity eighteen vol. 1

SA é o álbum debut da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado o mercado o 25 de marzo do ano 1999 baixo o selo Sony Music e producido por Tetsuya Komuro.

Información[editar | editar a fonte]

Pódese dicir que o álbum completo (a excepción da voz de Ami) foi obra do recoñecido produtor Tetsuya Komuro, quen tamén é membro da banda Globe, sendo tódalas letras, composicións e arranxos obras del. O álbum logrou alcanzar ventas boas para unha artista que comeza a súa carreira – aínda que xa lanzara cinco singles promocionais-, case alcanzando o límite dos dous millóns de copias vendidas só en Xapón – mundialmente vendeu uns cantos máis, pero se descoñecen cifras exactas. Un mes despois o álbum foi relanzado nunha edición mini CD. O nome do álbum provén do propio nome de Ami (Suzuki Ami).

Os singles deste álbum, que en total foron cinco, sen dúbida axudaron enormemente a que este álbum fora un completo éxito. Todos eles – dende o seu single debut "Love the island" ata o single de dobre cara A, "Don't leave me behind/Silent Stream" -, estiveron dentro do Top 5 de ventas nas listas de Oricon, con ventas que rondaron dende as 270 mil copias ata o medio millón de copias. A única cara B anteriormente incluída nun single é "Asu, Atsuku, Motto, Tsuyoku", tema que acompañou a "Love the island". Tódolos singles tamén estiveron adheridos a promocións doutros productos, dende cámaras fotográficas a vídeoxogos.

Lista de Temas[editar | editar a fonte]

# Título
1. Nothing Without You
2. STORIES BEHIND
3. alone in my room
4. white key
5. ANOTHER WORLD
6. love the island
7. Don’t leave me behind
8. Boku no Shiawase (ボクのしあわせ?)
9. in my diary...
10. Asu, Atsuku, Motto, Tsuyoku (明日、あつく、もっと、つよく ?)
11. PRIVATE SKY
12. all night long
13. Silent Stream
14. ...smile


Singles[editar | editar a fonte]

Lanzamento Título Máxima Posición Semanas Ventas
1 de xullo, 1998 "Love the island" #5 288,000
17 de setembro, 1998 "Alone in my Room" #2 353,000
5 de novembro, 1998 "All night long" #2 346,820
16 de decembro, 1998 "White key" #2 503,000
17 de febreiro, 1999 "Nothing Without You" #3 411,000
17 de marzo, 1999 "Don't leave me behind/Silent Stream" #3 273,000