"Reality/Dancin' in Hip-Hop" é o duodécimo single da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado o mercado o 27 de setembro do ano 2000 baixo o selo Sony Music e producido por Tetsuya Komuro. Este single ía ser o primeiro do seguinte álbum de Ami pero despois da demanda dos pais da cantante a AG Communications, a súa carreira detívose abruptamente e o single acabaría sendo o último en Sony Music. O maxi-single ten dúas caras A, incluíndo "Reality", que é unha balada, e unha canción cun estilo J-Pop/House chamada "Dancin’ in Hip Hop", no que aparece o rapeiro Mean Mimi. É o único single que inclúe unha versión A capella.