Like a Love?

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
«Like a Love?»
sinxelo de Ami Suzuki
do álbum 'Connetta'
Lanzamento 26 de xullo de 2006
Formato {{{formato}}}
Gravada 2006
Xénero musical J-Pop
Lingua(s) {{{lingua}}}
Duración 17 min 59 s
Discográfica avex trax
Produtor(es) Max Matsuura
Escritor(es) Ami Suzuki
Cronoloxía
«Alright!» «Like a Love?» «O.K. Funky God»
Miscelanea {{{miscelanea}}}

"Like a Love?" é o single número 24 da cantante xaponesa Ami Suzuki, lanzado o 26 de xullo do ano 2006 baixo o selo avex trax e producido por Max Matsuura.

Información[editar | editar a fonte]

Este é o oitavo single da cantante baixo o selo de avex. A promoción non foi moita, con pouca emisión do vídeo musical e poucas críticas musicais sobre o mesmo. Unicamente recibiu un pouco de atención polo feito de que estaba escrito por Ami e composto pola cantante Ai Otsuka. Con este single é a primeira vez que ai compón un tema para outro artista e foi o que máis chamou a atención do público, tanto dos seguidores de Ami como os de Ai. Ambas teñen idades similares e se coñeceron na xira de a-nation realizada no ano 2005, onde Ami se presentaba por primeira vez no escenario e Ai por terceira vez. A composición do single, o igual que o seu arranxo, recibiron críticas dos fanáticos de ambas artistas, considerándoa algo pobre musicalmente. A versión cantada no concerto do a-nation do ano 2006 foi mellorada adaptándoa máis o estilo Pop/Rock que caracteriza a Ai Otsuka.

"Like a Love?", tanto a canción como o vídeo musical gravado na cidade de Okinawa, foron descritos pola mesma Ami como a continuación de "Alright!", o single de verán lanzado anteriormente e que obtivo un éxito moderado. A súa páxina oficial incluso menciona a "Alright!" como a canción que relata a excitación de comezar unha nova aventura amorosa, e "Like a Love?" como algo máis ala da superficialidade, cando as cousas pasan a un maior grao. A canción que acompaña o single, "Squall ni Nurete", trata de aproximarse aínda máis ao pop/rock.

Lista de temas[editar | editar a fonte]

# Título
1. Like a Love?
2. Squall ni Nurete (スコールにぬれて,?)
3. Like a Love? (Instrumental)
4. Squall ni Nurete (スコールにぬれて,?)

Posición nas listas[editar | editar a fonte]

Lanzamento Lista Máxima posición Vendas na primeira semana Vendas totais Semanas
26 de xullo de 2006 Oricon Daily Singles Chart #13
26 de xullo de 2006 Oricon Weekly Singles Chart #23 8,765 12,980 4
26 de xullo de 2006 Oricon Monthly Singles Chart
26 de xullo de 2006 Oricon Yearly Singles Chart