Sérgio Klein

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sérgio Klein
Nacemento7 de xullo de 1963
 Sete Lagoas
Falecemento3 de xullo de 2010
 Belo Horizonte
NacionalidadeBrasil
Ocupaciónescritor e poeta
Fillos3
editar datos en Wikidata ]

Sérgio da Rocha Kleinsorge, máis coñecido como Sérgio Klein, nado en Sete Lagoas (Minas Xerais) o 7 de xullo de 1963 e finado en Belo Horizonte o 3 de xullo de 2010 foi un escritor brasileiro de contos e poemas.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O primeiro libro da serie Poderosa: Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man (finalista do Prêmio Jabuti[2]) vendeu os dereitos para o cinema e foi lanzado en España, Galicia, México, Bulgaria e Italia.

Publicacións do autor[editar | editar a fonte]

  • Tremendo de coragem.
  • Uma janela no espelho.
  • Tempo sem tampa.
  • A menina que era uma vez.
  • A menina que era outra vez.
  • Bilboquê, que bicho é esse?.
  • Cinema, pipoca e piruá.
  • Poderosa.[3]
  • Poderosa 2.[4]
  • Poderosa 3.[5]
  • Poderosa 4.
  • Poderosa 5.
  • Uma familia muito estranha.

Premios[editar | editar a fonte]

Recibiu o Premio Casa da América Latina conferido pola Radio France internationale, de París.

Co volume de contos Palavras cruzadas, obtivo o primeiro lugar no Concurso Nacional de Literatura na cidade de Belo Horizonte,[6] en 2002.

Notas

  1. Sindifisco lamenta falecimento precoce de Sérgio Klein 6/7/2010 (en portugués).
  2. "Autor infantil e jornalista, Sérgio Klein morre aos 46 anos" (5/7/2010). Folha de S.Paulo (en portugués).
  3. A tradución ao galego, de Mercedes Pacheco Vázquez, é o n.º 115 da Colección Fóra de Xogo de Xerais: Poderosa: Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man.
  4. Ídem o n.º 124: Poderosa 2: Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man
  5. Ídem o n.º 132: Poderosa 3: Diario dunha rapaza que tiña o mundo na man Arquivado 06 de decembro de 2021 en Wayback Machine.
  6. "Prefeitura divulga os vencedores do Concurso Nacional de Literatura Cidade de Belo Horizonte" www.pbh.gov.br (en portugués)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]