José Sánchez de Santa María

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Sánchez de Santa María")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
José Sánchez de Santa María
Ocupacióntradutor
editar datos en Wikidata ]

José Sánchez de Santa María foi un tradutor galego, que Ricardo Carballo Calero cita entre os precursores de Rosalía.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Louis Lucien Bonaparte, sobriño de Napoeón, fixo traducir a varios idiomas o Evanxeo de Mateo. En 1861 publicouse en Londres a tradución galega, debida a José Sánchez de Santamaría, de Santiago de Compostela, polo demais descoñecido.

A versión está feita sobre a tradución castelá de Félix Torres Amat, e non sobre o texto grego. O libro leva un prólogo do príncipe editor titulado Observaciones comparativas sobre la pronunciación gallega, asturiana, castellana y portuguesa. Abondan na tradución galega os castelanismos morfolóxicos e sintácticos[1].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Carballo Calero, Ricardo (1975). Historia da literatura galega contemporánea. Editorial Galaxia. p. 118. ISBN 84-7154-227-7.