Río Var

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Var
O río Var en Entrevaus.
País Francia
Rexión de FranciaProvenza-Alpes-Costa Azul
Nacementosur de Barceloneta de Provenza
Altitude1800 m
Lonxitude120 km
DesembocaduraMar Mediterráneo
Localización do río Bar nos Alpes

O Var é un río da Provenza, Francia, que desauga no mar Mediterráneo logo dun curso de 120 km.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O río Var nace ao sur de Barceloneta de Provenza, en Entreaunes, a 1.800 m de altura, e desemboca no Mediterráneo cerca da cidade de Niza.

Afluentes[editar | editar a fonte]

O Var recibe augas dos seguintes tributarios principais:

Ademais ten outros afluentes menores como son: o Tuébi (en Guillaumes), o Coulomp (en Pont de Gueydan), o Chalvagne (en Entrevaus), o Roudoule (en Puget-Tenièrs).

Hidroloxía[editar | editar a fonte]

O caudal do Var oscila entre 50 e 100 m³/s, se ben pode experimentar cheas importantes e súbitas, por causa de chuvias torrenciais, típicas do clima mediterráneo, nas que en poucas horas pode alcanzar os 1.000 m³/s.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante un curto tramo separa Francia e Italia, aínda que antes de 1860 todo o percurso do río marcaba a fronteira entre ambos países. Isto mudou para a situación actual ao ser cedida Niza a Francia.

Dá nome ao departamento de Var, que na actualidade abrangue toda a conca do río. Antigamente, porén, o río conformaba a fronteira oriental do departamento.

Durante a Antigüidade romana era denominadoVarus e marcaba a fronteira entre as dúas Galias: a Galia transalpina e a Galia cisalpina.