Río Snake, río Columbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 46°11′10″N 119°01′44″O / 46.18611, -119.02889

O río Snake á saída do canón Snake en Alpine (Wyoming).

O río Snake, en (inglés: Snake River, que litrealmente significa "río Serpente") é un longo río do noroeste dos Estados Unidos, o principal afluente do río Columbia.

Ten unha lonxitude de aproximadamente 1670 km, que o sitúan entre os 15 ríos máis longos dos Estados Unidos e os 100 máis longos do mundo.

Drena gran parte da vertente occidental das Montañas Rochosas, nunha conca de 280 000 km², e ten un caudal medio de 287,3 m³/s.

Historicamente, o río Snake foi moi importante na expansión cara ao oeste dos Estados Unidos, xa que polo seu val discorría a principal das rutas, a ruta de Oregón (e, no seu primeiro tramo, tamén a ruta de California).

O río discorre polos estados de Wyoming, Idaho, Oregón e Washington.

O curso baixo do río é navegábel até Lewiston (Idaho).