Río Salgueiro
Aparencia
Río Salgueiro | |
---|---|
Desembocadura na ría de Xuvia | |
País | Galicia |
Nacemento | San Xiao de Narón |
Altitude | - |
Lonxitude | 6 km |
Caudal medio | - |
Desembocadura | Ría de Ferrol |
O río Salgueiro é un pequeno río do concello de Narón. O seu nacemento fórmano pequenos mananciais e regos. Como corrente de auga que nunca seca crea brañas e unha zona sempre verde, no val de Sequeiro.
Características
[editar | editar a fonte]A súa importancia histórica viría tamén por dar nome ao concello. «Narón» sería da raíz preindoeuropea “nar-“ que significa auga, curso de auga. San Xiao de Narón por onde pasa o río Salgueiro deu nome ao concello ao ser onde se reunía o concello no século XIX, dende 1837 na Pena de Embade[1]. Ao seu carón están o castro de Sequeiro, castro da Revolta[2] e castro dos Bicás[3].
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Segundo Fernando Cabeza Quiles, IvanFernandezCoba.blogspot.com
- ↑ Castro de Revolta Arquivado 24 de abril de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
- ↑ Castro de Bicás Arquivado 21 de marzo de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)