Río Mersey
Tipo | río principal | ||||
---|---|---|---|---|---|
Inicio | |||||
Continente | Europa | ||||
División administrativa | Merseyside, Reino Unido, Cheshire, Reino Unido e Gran Manchester, Reino Unido | ||||
Final | |||||
Localización | Mar de Irlanda | ||||
| |||||
Afluentes | River Goyt (en) , River Weaver (en) , River Tame (en) , River Gowy (en) , Glaze Brook (en) (marxe dereita), Micker Brook (en) , Old Garston River (en) , River Jordan (en) , River Irwell (en) , Sankey Brook (en) (marxe dereita), Woolston Brook (en) (marxe dereita), Ditton Brook (en) (marxe dereita), River Bollin (en) (marxe esquerda) | ||||
Características | |||||
Dimensións | 112 () km | ||||
Superficie da cunca hidrográfica | 4.680 km² | ||||
O río Mersey é un curto río costeiro do Reino Unido na vertente do mar de Irlanda que transcorre polo noroeste de Inglaterra e ten unha lonxitude de 112 km.
O seu nome procede da palabra anglosaxoa Mǽres-ēa que significa "río da fronteira", xa que durante séculos formou a fronteira entre os condados de Lancashire e Cheshire, e é probábel que tamén o fose entre os reinos anglosaxóns de Mercia e Northumbria.
O Mersey fórmase en Stockport pola confluencia de tres pequenos ríos: o Etherow (30 km), o Goyt e o Tame (40 km), en especial o Tame e o Goyt. Despois pasa cerca de Didsbury, Stretford, Urmston, Flixton e Irlam, onde o río se integra no canal navegábel de Mánchester, que até ese momento é a canalización do río Irwell. Desde ese lugar até Rixton (cerca de Warrington), o Mersey queda desdebuxado polo canal; en Rixton, o río Bollin desauga no canal polo sur, e o Mersey deixa o canal polo norte, describindo amplos meandros por Woolston e Warrington. En Howley Weir, en Warrington, o río xa sofre o efecto das mareas e logo ensánchase ao saír da vila, discorrendo cerca de Runcorn e Widnes, e de novo se ensancha até formar un estuario duns tres quilómetros de ancho. Finalmente estréitase un pouco entre Birkenhead e Liverpool antes de desembocar na baía de Liverpool, no mar de Irlanda.
O estuario do Mersey é accesíbel a barcos de todo tipo.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Río Mersey |