Río Chi
Aparencia
Tipo | río | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | Tailandia | |||
Final | ||||
Localización | Río Mun | |||
| ||||
Afluentes | ||||
Conca hidrográfica | Mekong River basin (en) | |||
Características | ||||
Dimensións | 765 () km | |||
Superficie da cunca hidrográfica | 9.300 km² | |||
Medicións | ||||
Caudal | 290 m³/s | |||
O río Chi (en tailandés: แม่น้ำ ชี) é o río máis longo de Tailandia, cunha lonxitude de 765 quilómetros, pero é menos caudaloso que o segundo río máis longo do país, o Mun, do que é afluente.
Nace nos montes Phetchabun. Durante o seu curso, primeiramente corre cara ao leste a través da zona central de Isan polas provincias de Chaiyaphum, Khon Kaen e Maha Sarakham, e despois discorre cara ao sur pola provincia Roi Et e cruza Yasothon até desembocar no río Mun, no amphoe de Kanthararom, provincia Si Sa Ket.