Río Mun

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Río Mun
O río Mun confluíndo co Mekong
PaísTailandia
Lonxitude750 km
Conca119.180 km²
Caudal medio725 m3/s
DesembocaduraRío Mekong
Localización do río Mun na conca do río Mekong.

O río Mun (en tailandés: แม่น้ำ มูล), é un río de Tailandia, un dos principais afluentes do río Mekong.

Nace no Parque Nacional de Khao Yai, cerca de Nakhon Ratchasima, na zona de Isan. Flúe cara ao leste polo sur de Isan (provincias de Buri Ram, Surin e Sisaket) recorrendo arredor de 750 quilómetros até que se une ao Mekong no amphoe de Khong Chiam, na provincia Ubon Ratchathani. A presa Pak Mun atópase próxima á confluencia co Mekong. O principal afluente do río Mun é o río Chi, que se une a este no amphoe de Kanthararom, provincia de Sisaket. Outro afluente, aínda que menos importante, é o río Dom Noi.