Saltar ao contido

Ryuichi Matsuda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRyuichi Matsuda
Biografía
Nacemento8 de xullo de 1920 Editar o valor en Wikidata
Kajiki Editar o valor en Wikidata
Morte19 de xuño de 1986 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Ottawa Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Stanford Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónentomólogo Editar o valor en Wikidata

Ryuichi Matsuda, nado o 8 de xullo de 1920 e finado o 19 de xuño de 1986, foi un entomólogo xaponés, coñecido por defender a síntese evolutiva ampliada.[1]

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Matsuda doutorouse en entomoloxía pola Universidade de Stanford. Entre 1968 e 1986, traballou no Instituto de Investigación en Biosistemas do Canadá.[2] Escribiu diversos traballos sobre morfoloxía comparada de insectos, entre os que destaca o seu polémico Animal Evolution in Changing Environments (1987).[3]

Cuñou o termo "panecoloxismo" para referirse á síntese evolutiva ampliada, que concibiu como unha fusión entre darwinismo e neolamarckismo.[4] Sostivo que a heterocronía é o mecanismo fundamental do cambio evolutivo, e que unha innovación evolutiva pode producirse por asimilación xenética.[4] As súas posturas foron criticadas por outros científicos, segundo os cales estaban baseadas en especulacións;[5] porén, tamén recibiu comentarios positivos doutros entomólogos.[6]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]