Saltar ao contido

Rysy

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía físicaRysy
(pl) Rysy Editar o valor en Wikidata
Imaxe
Tipomontaña
atracción turística
destino turístico Editar o valor en Wikidata
Parte deFronteira Eslováquia-Polónia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaTatra National Park (en) Traducir e Parque Nacional dos Altos Tatras Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaBrzegi, Polonia, Poprad, Eslovaquia (pt) Traducir e Condado de Tatra, Polonia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Mapa
 49°10′46″N 20°05′17″L / 49.1794, 20.0881
CordilleiraHigh Tatras (en) Traducir, Montañas Tatra e Montes Cárpatos Editar o valor en Wikidata
Características
Altitude2.501 m Editar o valor en Wikidata
Prominencia topográfica163 m Editar o valor en Wikidata
Illamento topográfico0,87 km Editar o valor en Wikidata
Material ou ingredientegranito Editar o valor en Wikidata
Historia
Cronoloxía
30 de xullo de 1840 primeira ascensión Editar o valor en Wikidata

O Rysy é unha montaña do cordal do Alto Tatra, sita xustamente na fronteira entre Polonia e Eslovaquia. O Rysy culmina con tres picos: o máis alto mide 2.503 m e está en territorio eslovaco, como o do suroeste (2,473 m). O situado no noroeste, con 2.499 m contén o punto de maior elevación de Polonia.

As explicacións do nome, máis correntes, baséanse no significado común dalgúns vocábulos eslavos. Así sostense que en polaco e en eslovaco rysy significa "rabuñazos", "fendas", aludíndose á serie de barrancos ou cavorcos das ladeiras occidentais no lombo dos montes Žabie ridge, ou cn maior probabilidade a un deles de 500 m de profundidade situado na aba polaca. Outros indican que rysy significa linces en eslovaco (sing. rys), aludindo aos tres picos que figuran tres lincen á espreita.

O nome da montaña en húngaria, Tengerszem-csúcs, así como o alemán, Meeraugspitze, significan ambos "Pico do Ollo do Lago", aludindo ao Morskie Oko (Ollo do Lago), que é un lago sito nun circo glaciar da montaña.

Ascensións

[editar | editar a fonte]

A primeira ascensión rexistrada ocorreu en 1840, e foi efectuada por Eduard Blásy e o seu guía, Ján Ruman-Driečny (pai). A primeira ascensión invernal realizárona, en 1884, Theodor Wundt e Jakob Horvay. Afírmase que Lenin subiu á montaña a comezos da década de 1910. Outro famoso escalador do pico foi o papa Xoán Paulo II.

Montañismo

[editar | editar a fonte]

O Rysy é das poucas cotas dos Montes Tatra nos que se autoriza a escalada sen guía obrigatoria. Rutas doadas sono, desde lado eslovaco, partindo de Štrbské pleso e atravesando por Chata pod Rysmi (ver abaixo); ou ben desde lado polaco subindo até o Morskie Oko, aínda que é unha vía máis dura. Até a abolición de fronteiras en 2007, había un posto de control no linde entre ambos países no mesmo cume. No lado eslovaco, a 2.250 m.s.n.m., hai un chalé de montaña Chata pod Rysmi, aberto entre maio e outubro.