Rodolfo Valentino
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2018.) |
Nome orixinal | (it) Rodolfo Pietro Filiberto Raffaello Guglielmi di Valentina d'Antonguella |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | (es) Rodolfo Alfonso Rafael Filiberto Julio 6 de maio de 1895 Castellaneta, Italia (pt) |
Morte | 23 de agosto de 1926 (31 anos) Nova York, Estados Unidos de América |
Causa da morte | peritonite |
Lugar de sepultura | Hollywood Forever Cemetery (pt) 34°05′17″N 118°18′59″O / 34.0881, -118.3164 |
Outros nomes | Rudolph Valentino |
Residencia | Estados Unidos de América (1913–) |
Altura | 180 cm |
Actividade | |
Ocupación | actor, actor de cinema |
Período de actividade | 1914 - |
Familia | |
Cónxuxe | Natacha Rambova (1923–1925) Jean Acker (1919–1923) |
Premios | |
Descrito pola fonte | Obálky knih, |
|
Rodolfo Pietro Guglielmi, coñecido como Rodolfo Valentino, nado en Castellaneta o 6 de maio de 1895 e finado en Nova York o 23 de agosto de 1926, foi un actor estadounidense de orixe italiana.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Sería unha estrela cinematográficada década dos 20, despois de emigrar aos Estados Unidos en 1913 en busca de fortuna. Os seus primeiros traballos nada tiveron que ver coa fama, nin sequera co espectáculo, pois empezou gañandose a vida traballando coma fregador e xardineiro (estudara agronomía en Italia). Posteriormente, entrou no mundo do espectáculo coma bailarín de vodevil.
En 1918 Valentino trasladouse a Hollywood, onde comezou a aparecer na pantalla interpretando papeis secundarios. A súa grande oportunidade chegoulle en 1921, ano en que interpretou o papel de Xulio en Os catro xinetes da Apocalipse (The Four Horsemen of the Apocalypse). O éxito da película levouno, ese mesmo ano, a rodar A dama das camelias (Camille), obra que confirmaría o seu fulgurante salto ao estrelato. Da man dos máis habilidosos representantes, pronto levantou as paixóns de millóns de admiradoras e converteuse na figura romántica masculina por antonomasia. A súa figura enxuta e apaixonada destilaba todas as esencias propias do "latin lover". O exotismo dos seus personaxes non tardou en contaxiarse á súa vida persoal e as súas aparicións públicas estiveron pronto imbuídas dun aparatoso misticismo orquestrado polos estudos e fomentado por el mesmo.
Entre as películas de Valentino, na súa maioría dramas románticos, destacan O caíd (The Sheik, 1921), Sangue e area (Blood and Sand, 1922), A aguia negra (The Eagle, 1925), e O fillo do caíd (The son of the Sheik, 1926). O seu inesperado falecemento, tras a perforación dunha úlcera diagnosticada demasiado tarde, produciuse cando só contaba trinta e un anos de idade e se encontraba no cumio da súa fama. A noticia da súa morte conmocionou ao público de todo o mundo, e provocou numerosas manifestacións públicas e non poucos intentos de suicidio entre as súas admiradoras.