Rubén Eiriz
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de novembro de 1979 (45 anos) A Coruña, España |
Actividade | |
Ocupación | deportista |
Rubén Eiriz Mata, nado na Coruña o 13 de novembro de 1979, é un árbitro de fútbol e de fútbol praia galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Mudouse á Coruña sendo neno, se ben marchou traballar a Donostia (País Vasco). Árbitro afiliado ao colexio galego[1], no ano 2011 ascendeu a Segunda División "B" e tres anos máis tarde, en 2014, ascendeu a Segunda División, categoría na que segue arbitrando na temporada 2016-2017.
Tamén é árbitro de fútbol praia, onde ten dirixido partidos internacionais do máximo nivel. Entre outros dirixiu partidos das fases finais da Copa do Mundo de Fútbol Praia de 2007, xogada no Río de Xaneiro, de 2009, xogada en Dubai, e de 2015, que tivo lugar en Portugal. Nesta última arbitrou o encontro final entre as seleccións de Portugal e Tahití, que se saldou coa vitoria portuguesa por 5-3. Logo dese encontro deixou o fútbol-praia para concentrarse no fútbol sobre herba.
Vida persoal
[editar | editar a fonte]Profesionalmente é garda civil.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Rubén Eiriz Mata - Árbitro". www.bdfutbol.com. Consultado o 22 de agosto de 2016.