Roy D. Bridges
Aparencia
| Biografía | |
|---|---|
| Nacemento | 19 de xullo de 1943 Atlanta, Estados Unidos de América |
| Educación | Escola de Pilotos de Probas da Forza Aérea dos Estados Unidos Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos de América Universidade Purdue |
| Actividade | |
| Ocupación | oficial, astronauta |
| Empregador | NASA, astronauta |
| Carreira militar | |
| Rama militar | Forza Aérea dos Estados Unidos de América |
| Rango militar | major general (en) |
| Tempo no espazo | 7 días, 22 horas e 45 minutos |
| Misión do astronauta | |
| Premios | |
Roy Dunbard Bridges Jr. é un piloto de probas e astronauta estadounidense retirado que participou na misión STS-51-F. Pasou un total de 7,95 días no espazo.[1][2]
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Bridges naceu o 19 de xullo de 1943 en Atlanta, Xeorxia. É graduado en enxeñería pola Academia da Forza Aérea dos Estados Unidos, en Colorado Springs, e en astronáutica pola Universidade Purdue, en Indiana, en 2001. Está casado con Benita Louise Allbaugh e ten un fillo e unha filla.[1][2]
Foi seleccionado pola NASA en maio de 1980 e tras un ano de adestramento a avaliación pasou a ser astronauta oficialmente en agosto de 1981. Formou parte da tripulación da misión STS-51-F.[1][2]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 NASA, ed. (2018). "ROY D. BRIDGES, JR. NASA ASTRONAUT (FORMER)" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de maio de 2016. Consultado o 20 de agosto de 2018.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Mark Wade (2018). "Bridges, Roy Dunbard Jr" (en inglés). Consultado o 20 de agosto de 2018.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roy D. Bridges |