Rowley Habib

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRowley Habib

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento24 de abril de 1933 Editar o valor em Wikidata
Oruanui, Nova Zelandia Editar o valor em Wikidata
Morte3 de abril de 2016 Editar o valor em Wikidata (82 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeNova Zelandia Editar o valor em Wikidata
EducaciónTe Aute College (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoeta , dramaturgo , guionista Editar o valor em Wikidata

Rowley Habib, nado en Oruanui o 24 de abril de 1933 e finado o 3 de abril de 2016[1], tamén coñecido como Rore Hapipi, foi un escritor neozelandés en lingua maorí.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Placa en Taupo.
Poema en Taupo, a carón do río.

Fillo de pai libanés e nai maorí, identificouse coa iwi Ngāti Tūwharetoa. Tivo diversos traballos ao longo da súa vida, desde nunha libraría á construción de centrais hidroeléctricas.[2]

Entre 1956 e 1971 colaborou de forma habitual con relatos na revista maorí Te Ao Hou The New World.[3]

Foi o primeiro maorí en escribir o guión dun filme de televisión, o drama The Gathering (1979), que reflicte a vida dunha muller maior dos tangihanga.[2] En 1976 publicara a obra de teatro maorí Death of the Land, un drama sobre a venda dun antigo territorio.[4] Levouse a cabo unha adaptación televisiva en 1978, que incluíu tomas da Marcha pola Terra de 1975.[5] O drama The Protesters gañou o Premio Feltex ao mellor guión en 1983. Na rodaxe participaron actores e actrices como Merata Mita, Jim Moriarty, Billy T. James ou Don Selwyn.[2]

En 1984 foi recoñecido co Katherine Mansfield Menton Fellowship.[6] En 2013 Creative New Zealand concedeulle o Premio Ngā Tohu a Tā Kingi Ihaka Te Waka Toi en recoñecemento pola súa traxectoria ao servizo da arte maorí,[7] describindo a súa obra Death of the Land coma un fito no desenvolvemento do teatro maorí.[2]

Obra[editar | editar a fonte]

Guións de televisión[editar | editar a fonte]

  • Death of the Land (1976)
  • The Gathering (1979)
  • The Protesters (1983)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • The Raw Men (antoloxía, 2006; O-a-Tia Publishers)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Prominent Māori writer Rowley Habib passes away". Māori Television News. 4 April 2016. Arquivado dende o orixinal o 09 de abril de 2016. Consultado o 5 April 2016. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 NZOnScreen, ed. (2016). "Rowley Habib (Rore Hapipi)" (en inglés). Consultado o 5 de abril de 2016. 
  3. Ed. Maggie Awadalla and Paul March-Russell. The Postcolonial Short Story: Contemporary Essays. Palgrave Macmillan 2013
  4. Trisha Dunleavy. Ourselves in Primetime - A History of New Zealand Television Drama. Auckland University Press 2005
  5. "Death of the Land (video)". NZOnScreen. 1978. Consultado o 7 de abril de 2016. 
  6. "Katherine Mansfield Menton Fellowship: list of fellows". Creative New Zealand. Arquivado dende o orixinal o 09 de xullo de 2016. Consultado o 5 April 2016. 
  7. "Creative New Zealand mourns the passing of Rore Hapipi (Rowley Habib)". Creative New Zealand Arts Council of New Zealand Toi Aotearoa. 5 April 2016. Consultado o 6 April 2016. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]