Roques de Salmor

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Roques de Salmor.

Roques de Salmor é un espazo natural das Canarias situado na illa de El Hierro, catalogado como Zona de especial protección para as aves.

Situado no municipio de Frontera, este espazo de 3,5 hectáreas está constituído por unha área litoral de peculiares relevos costeiros (o Roque Grande, de 100 metros de altura e o Roque Pequeno), onde se atopan especies en perigo de extinción, como o petrel de Bulwer, paíños, pardelas, perenquén... e o endémico lagarto xigante do Hierro.