Roquefort-sur-Soulzon
| Epónimo | Soulzon (en) | ||||
|---|---|---|---|---|---|
| Localización | |||||
| |||||
| Estado | Francia | ||||
| Divisións administrativas | Francia Metropolitana | ||||
| Rexións | Occitania | ||||
| Departamento | Aveyron | ||||
| Poboación | |||||
| Poboación | 475 (2023) | ||||
| Xeografía | |||||
| Superficie | 17,03 km² | ||||
| Altitude | 630 m-424 m-828 m-555 m | ||||
| Comparte fronteira con | |||||
| Identificador descritivo | |||||
| Código postal | 12250 | ||||
Roquefort-sur-Soulzon (en occitano Ròcafòrt) é unha localidade e comuna francesa, situada no departamento de Aveyron, na rexión de Mediodía-Pireneos.
Esta pequena vila dá nome ao famoso queixo roquefort, elaborado nas covas próximas e principal motor económico da poboación, tanto pola súa produción como pola súa atracción de turistas.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A vila atópase ancorada no Macizo Central francés, no bordo do altiplano de Larzac, onde se poden atopar as covas nas que se elabora o queixo. O apelido da vila vén do pequeno río Soulzon, que atravesa o seu termo municipal.
Historia
[editar | editar a fonte]Hai miles de anos, unha parte do cantil de Cambalou derrubouse, formándose así unha rede de covas con correntes de ar que fan que se renove constantemente, tendo unha humidade e unha temperatura constante durante todo o ano. Estas covas serviron de refuxio para os pastores de ovellas da zona, que construíron as súas casas nas zonas próximas.
As condicións das covas son propicias para a proliferación do fungo Penicillium roqueforti, responsábel da fermentación do queixo, polo que dende tempos moi antigos foi producido. Sábese que na antiga Roma xa coñecían o queixo roquefort.[1]
No século XV o rei Carlos VI converteu as covas e a localidade de Roquefort en apelación de orixe, sendo a primeira constancia deste tipo de regulacións. A apelación de orixe actual data de 1925.
Notas
[editar | editar a fonte]| Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Roquefort-sur-Soulzon |
- ↑ Roquefort, el rey de los quesos. www.emblematiquecot.com.ar.
