Ronald Pope

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Ronald Pope
Nacemento16 de agosto de 1920
 Derbyshire
Falecemento1997
NacionalidadeBritánica
Traballos«Five Bishops» (Castle Hall)
editar datos en Wikidata ]

Ronald Pope, nado en Derbyshire en 1920 e finado en 1997, foi un pintor e escultor inglés. Viviu gran parte da súa vida en Melbourne, onde desenvolveu o seu traballo artístico.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Unha escultura da capela da Royal Infirmary en Derby que está agora no Derby Museum.

Pope pasou os anos da guerra debuxando ferramentas para a Rolls Royce en Derby, onde aprendeu as técnicas de fundición e soldadura que despois viría a utilizar nas súas obras. En 1945, estudou escultura co profesor F. E. McWilliam na «Slade School of Fine Art» en Londres. Máis tarde, estudou cerámica con Heber Matthews na «Woolwich Polytechnic».[1]

Nos anos seguintes, Pope desenvolveu numerosos traballos para espazos públicos, igrexas, escolas, hospitais, empresas e traballos encomendados por arquitectos (como Sir Basil Spence). A súa obra é marcada principalmente pola harmonía das formas e a busca da expresión dos ideais humanistas, da paz e reflexión.[1]

Pope deixou de traballar con esculturas na década de 1990 e dedicouse a pintar acuarelas. Algunhas das súas obras (tanto de pintura coma de escultura) están en exhibición permanente nos museos Derby Museum and Art Gallery e Museo de Watford. Non obstante, moitas das súas esculturas máis importantes, producidas nos anos 1950 e 1960 encóntranse en lugares públicos en Staffordshire, Derbyshire, Nottinghamshire, Leicestershire, Gloucestershire, Hertfordshire, Norfolk e Yorkshire.[2]

Pope morreu en 1997, deixando esposa e dous fillos adultos.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "Life and Work" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 26/08/2011. Consultado o 08/05/2011. 
  2. Wayne Burrows. metro.co.uk, ed. "Ronald Pope: Sculptor" (en inglés). Consultado o 08/05/2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]