Roland Thibeau

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoland Thibeau

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento21 de abril de 1948 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Élouges, Bélxica (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua picarda, Lingua valoa e lingua francesa Editar o valor em Wikidata

Roland Thibeau, nado en Élouges (Dour) o 21 de abril de 1948, é un escritor belga de lingua picarda.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou interpretación dramática no Institut des Arts de Diffusion e participou en diversas obras dramáticas como actor, director de escena ou autor. É tamén profesor do Institut des Hautes Études des Communications Sociales [1]

Obra en picardo[editar | editar a fonte]

La dame sur le terril é unha colección de relatos en picardo que publicou en 2007. En 2008 recibiu o premio literario de linguas rexionais endóxenas da Comunidade Francesa de Bélxica pola peza teatral Moneuse.[2]

En 2015 foi un dos antologados no libro Le voyage en Oïlie, dedicado a autores en linguas de oil. En 2016 a súa adaptación de O Principiño ao teatro en picardo e valón gañou o premio de teatro da Fête aux langues de Wallonie e ao ano seguinte a súa peza sobre a segunda guerra mundial, Merci, monsieur Doukhane volveu gañar o premio.

Obra en francés[editar | editar a fonte]

En francés publicou a novela Ce bon Monsieur Charles (2014) e as coleccións de relatos La République de la Feigne (2009), Aux dernières nouvelles de l’humaine perversité (2010), L’Ensaignement supérieur (2011) e Merci Monsieur Roose (2014).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "IHECS Academy". Arquivado dende o orixinal o 11 de xullo de 2017. Consultado o 25 de xuño de 2017. 
  2. "Service des langues régionales endogènes". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 25 de xuño de 2017.