Saltar ao contido

Roges des Molinar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

As Roges des Molinar (do catalán, Roxas de El Molinar) é o nome co que se coñece a cinco mulleres que foron fusiladas o 5 de xaneiro de 1937. Vivían no barrio de El Molinar de Palma de Mallorca. Os seus nomes son Aurora Picornell, Catalina Flaquer Pascual e as fillas desta, Antònia Pascual Flaquer e Maria Pascual Flaquer e Belarmina González Rodríguez.[1]

Feitos[editar | editar a fonte]

Organizaron en 1934 o Día da Muller Traballadora o 8 de marzo, en tres barrios: El Molinar, Son Cós e El Rotlet.[2]

Aurora Picornell, a máis coñecida delas, foi chamada a Pasionaria de Mallorca. Foi unha das principais dirixentes do Partido Comunista de España. Tamén formou parte da liga Laica de Mallorca e do Socorro Vermello. Estaba casada co dirixente comunista Heriberto Quiñones, que foi fusilado na posguerra en Madrid. Os pais e os irmáns de Aurora Picornell tamén foron represaliados.[3]

A véspera do 6 de xaneiro de 1937 fusilouse a Aurora Picornell, Catalina Flaquer, Antonia e Maria Pasqual no cemiterio de Porreres. Picornell foi asasinada por liderar ás presas novas dentro da prisión de Can Sales.[2]

Recoñecementos[editar | editar a fonte]

Pedra da Lembranza adicada a Picornell.
  • Dende o ano 2010 réndeselles unha homenaxe popular no barrio. Dende 2016 lévase a cabo no Teatro do Mar.[4]
  • En febreiro de 2021 unha pedra da lembranza foi colocada no paseo do barrio de El Molinar co seu nome.[5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Capellà, Llorenç. (1989). Diccionari vermell. Palma: Moll. ISBN 84-273-0603-2. 
  2. 2,0 2,1 Martínez Gómez, Jéssica (2020-11-09). "Evolución histórica del Feminismo en las Baleares en los siglos XX y XXI". Consultado o 2021-11-16. 
  3. Ginard i Féron, David (2016). Aurora Picornell (1912-1937) : de la història al símbol. Palma: Documenta Balear. ISBN 978-84-16163-68-7. 
  4. Galán, Raquel (2019-01-04). "Homenaje a las Roges del Molinar para recordar lo que hizo la extrema derecha". Diario de Mallorca (en castelán). Consultado o 2021-11-16. 
  5. F.V. (2021-02-28). "Una pedra platejada d'homenatge per a "les roges del Molinar"". Fora Vila (en catalán). Consultado o 2021-11-16. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]