Rodolfo Llinás
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 16 de decembro de 1934 (89 anos) Bogotá, Colombia |
Residencia | Nova York |
Educación | Universidade Nacional Australiana Pontificia Universidade Xaveriana |
Actividade | |
Ocupación | neurólogo, neurocientífico, médico |
Empregador | Universidade de Nova York New York University School of Medicine (en) |
Membro de | |
Premios | |
| |
Rodolfo Llinás Riascos, nado en Bogotá o 16 de decembro de 1934, é un médico neurofisiólogo colombiano de recoñecida traxectoria a nivel mundial polas súas achegas no eido da neurociencia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Graduouse como médico cirurxián da Pontificia Universidade Javeriana e obtivo o seu doutoramento en neurofisioloxía na Universidade Nacional de Australia. É profesor de neurociencia na Escola de Medicina da Universidade de Nova York, na que foi ademais director do departamento de Physiology & Neuroscience e desempeña a cátedra "Thomas e Suzanne Murphy" no centro médico da Universidade de Nova York. É o primeiro e único "University Professor" que tivo a Escola de Medicina da Universidade de Nova York no seus 180 anos de existencia. "University Professor" permítelle dar cursos de nivel universitario, en calquera área do coñecemento humano.
Dirixiu o programa do grupo de traballo científico "Neurolab" da NASA. Entre as distintas achegas polas que é coñecido atópanse os seus traballos sobre fisioloxía comparada do cerebelo, as propiedades electrofisiolóxicas intrínsecas das neuronas coa enunciación da hoxe coñecida como "Lei de Llinás", e sobre a relación entre a actividade cerebral, as ondas cerebrais e a conciencia.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Rodolfo Llinás |