Rodolfo Feijoo Pardiñas
Aparencia
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de novembro de 1851 Camariñas, España |
Morte | 28 de abril de 1892 (40 anos) A Coruña, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , político |
Lingua | Lingua castelá |
Familia | |
Irmáns | Ambrosio Feijoo Pardiñas |
Rodolfo Feijoo Pardiñas, nado en Camariñas o 1 de novembro de 1851 e finado na Coruña o 28 de abril de 1892, foi un xornalista e político galego.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Irmán de Ambrosio Feijoo Pardiñas. Licenciado en Leis pola Universidade de Santiago de Compostela. Foi presidente da Juventud Republicana da Coruña, participou nas revoltas liberais e foi elixido en 1873 para a Asemblea Provincia polos republicanos de Santiago de Compostela. Colaborou no diario La Vanguardia e en La República e España y América de Madrid, en Euskaldun-Leguía de Bilbao, no Boletín Federal da Coruña, e en La España de Lisboa. Publicou artigos literarios en Las Noticias e noutros periódicos coruñeses, onde apareceu a súa novela breve ¡Pobre Luisa!.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Bibliografía
[editar | editar a fonte]- Gran Enciclopedia Gallega.