Rodamonte

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Rodomonte defendendo a ponte; ilustración por Gustave Doré para Orlando furioso

Rodamonte (ou Rodomonte) é unha das personaxes principais nos poemas de épica románticos italianos Orlando innamorato de Matteo Maria Boiardo e Orlando furioso de Ludovico Ariosto. É o rei de Sarza en Alxer e o dirixente do exército sarraceno que asedia a Carlomagno en París. Está namorado de Doralice, princesa de Granada, pero ela escápase co seu rival Mandricardo.

Ao non conseguir a atención de Doralice, tenta seducir a Isabella pero no proceso a mata por equivocación. Por remordementos Rodomonte constrúe unha ponte na súa memoria e forza a todo o que a cruza a homenaxear a Isabella. Cando o "nu e tolo" Orlando chega á ponte, é Rodomonte, quen o bota río abaixo. Finalmente Rodomonte aparece no casamento de Bradamante e Ruxeiro acusándoo de traizón ao converterse ao cristianismo. Os dous loitan en duelo e Rodamonte morre.


Rodamonte é tamén sinónimo de forza e valor. O rei de España deu o apelativo "Rodamonte" a Luigi Gonzaga pola súa resistencia extraordinaria.[1]

Referencias[editar | editar a fonte]

  1. Ireneo Affò (1780). Vita di Luigi Gonzaga, detto Rodomonte, Principe del Sacro Romano Impero. Parma: Presso Filippo Carmignani.

Fontes[editar | editar a fonte]

  • Boiardo: Orlando innamorato ed. Giuseppe Anceschi (Garzanti,1978)
  • Ariosto: Orlando Furioso ed. Marcello Turchi (Garzanti, 1974)