Rochester, Vermont

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaRochester, Vermont
Imaxe

Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 43°52′34″N 72°48′44″O / 43.8761, -72.8122Coordenadas: 43°52′34″N 72°48′44″O / 43.8761, -72.8122
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoVermont
County of Vermont (en) TraducirCondado de Windsor (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación1.099 (2020) Editar o valor em Wikidata (7,4 hab./km²)
Número de fogares621 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie148,6 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude620 m Editar o valor em Wikidata
Creación1780 Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal05767 Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico802 Editar o valor em Wikidata

Rochester é unha cidade do condado de Windsor, no estado de Vermont, Estados Unidos.

A vila central está sinalada como "Rochester (CDP), Vermont", no lugar designado polo censo dos Estados Unidos.

Situada no bordo do Green Mountain National Forest (Bosque Nacional de Green Mountain), a cidade é un destacado destino turístico.

Xeografía[editar | editar a fonte]

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos, a cidade ocupa unha superficie de 148,6 km2, dos cales 147,8 km2 son de terra e 0,8 km2, o 0,53 %, de auga.

A súa poboación no ano 2010 era de 1 139 habitantes,[1] polo que a súa densidade de poboación, nese ano, era de 7,7 hab./km2.

A superficie da cidade é montañosa e abrupta, pero os terreos nos bordos do curso do río White, que drena a cidade, propician boas terras para os cultivos.[2]

Historia[editar | editar a fonte]

Rochester foi outorgada en 1780, e alquilada en 1781 a Dudley Chase, Asa Whitcomb e outros 63 colonos, e organizada en 1788. David Currier e a súa familia establecéronse alí no inverno de 1781-1782.[2]

Os límites de Rochester expandíronse a través da anexión de parte da cidade de Pittsfield en 1806, a anexión doutra parte da cidade de Pittsfield e máis dunha parte da cidade de Braintree en 1824, outra parte da cidade de Hancock en 1834 e, finalmente, a anexión de parte da cidade de Goshen en 1847.[3]

A pesar da súa difícil orografía, no século XIX había lugares que subministraban enerxía para os muíños de auga. En 1859, cando a súa poboación era de 1 493 habitates, había industrias que incluían un muíño, varios serradoiros, unha fábrica de bocois e varios de talleres mecánicos.[2]

Rochester foi unha das trece cidades de Vermont illadas polas inundacións causadas polo furacán Irene en 2011.[4]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]