Rocío Igarzábal

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Rocío Igarzábal
Rocío Igarzábal in Israel.jpg
Nacemento24 de agosto de 1989 (29 anos)
LugarSan Isidro, Arxentina Flag of Argentina.svg
NacionalidadeArxentina
Cónxuxe(s)Milton Cámara
FillosLupe Cámara Igarzábal (n. 2016)
ProfesiónActriz, cantante e modelo
editar datos en Wikidata ]

Rocío Igarzábal, nada en San Isidro (Bos Aires) o 24 de agosto de 1989, é unha actriz, modelo e cantante arxentina. Tamén é coñecida polo seu papel de Vale Gutiérrez na telenovela xuvenil arxentina Casi Ángeles e pola súa etapa de cantante no grupo de música pop derivado chamado Teen Angels.[1][2]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

No 2011, Rocío concreta unha participación especial na serie Super torpe como "Lucía". A produción de Disney Channel era protagonizada pola súa amiga Candela Vetrano e o seu ex-mozoPablo Martínez. Coa banda dos Teen Angels[3], Rocío volveu ao teatro, onde fixo varios espectáculos musicais xunto cos integrantes Lali Espósito, Peter Lanzani, Nicolás Riera e Gastón Dalmau durante os anos 2011 e 2012.

Co fin da banda, Rocío adopta unha nova vida de actriz. Despois da serie Casi Ángeles, nos anos 2012 e 2013, Rocío interpretou unha personaxe chamada Brenda Bandi en Dulce amor[4]. No seu último capítulo, a novela foi exhibida no teatro Gran Rex. Aínda en 2013, Rocío protagonizou Taxxi Amores Cruzados como Tania Shelley, compartindo escenario con Gabriel Corrado, Catherine Fulop[5] e Nicolas Riera, que tamén integrou a banda dos Teen Angels. Tamén en 2013, Rocío debutou no cinema, no seu primeiro documental versión 3D da serie dos Teen Angels.

Televisión[editar | editar a fonte]

Televisión
Ano Título Canal Personaxe
2008/2010 Casi Angeles Telefé Valeria Gutiérrez

Teatro[editar | editar a fonte]

Obras
Ano Título Personaxe
2007 Hércules Protagonista
2007 Tarzán Jane
2007 Hairspray -
2008/2010 Casi Angeles Valeria Gutiérrez

Discografía[editar | editar a fonte]

Discografía
Ano Título
2008 Casi Ángeles en vivo desde el Teatro Gran Rex 2008
2009 Teen Angels 3
2009 Casi Ángeles en vivo desde el Teatro Gran Rex 2009
2009 Teen Angels 4 en vivo en Israel'
2010 Teen Angels 4
2010 Teen Angels edición especial España

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

Ano Artista Video
2008 Teen Angels A ver si pueden
2009 Teen Angels Que nos volvamos a ver

Publicidade[editar | editar a fonte]

Ano Marca Temporada
2008 - 2009 Ella la bella Primavera/Verán
2009 - 2010 Mora Teens Primavera/Verán

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Pérez González, Daniela. «¿Quién es la nueva integrante de Teen Angels?», La Nación (Buenos Aires), 1 de febreiro de 2011. Consultado o 24 de marzo de 2017. (en castelán)
  2. Rocío Igarzábal no website IMDb. Consultado o 24 de marzo de 2017.
  3. «Casi ángeles: el cielo prometido», artigo do periódicoClarín, 6 de outubro de 2009. Consultado o 28 de marzo do 2017 (en castelán)
  4. Commisso, Sandra. Ángeles enamorados: Tacho Riera y Rochi Igarzábal, compañeros en los TeenAngels, son la parejita joven en “Dulce amor”, Clarín (Buenos Aires) 2 de febreiro de 2012. Consultado o 28 de marzo do 2017. (en castelán)
  5. «Corrado y Fulop ya están en pantalla», Televisión.com.ar, 3 de outubro de 2013. Consultado o 28 de marzo do 2017 (en castelán)