Roberto Rodríguez Fialhega

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaRoberto Rodríguez Fialhega

Roberto "Teto" Rodríguez Fialhega, é un activista e independentista galego. Rodríguez Fialhega foi un dos primeiros indepententistas galegos condenados en 2013 por pertencer a Resistência Galega,[1] cunha condena de 18 anos de cárcere, rebaixada posteriormente polo Tribunal Supremo a 13 anos e 9 meses.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi detido nun control de estrada en Vigo no ano 2011.[2] En xuño de 2013, Rodríguez Fialhega foi acusado, xunto a María Osorio, Antom Santos Peres e Eduardo Vigo Domingues de pertencer á organización terrorista Resistência Galega, por posesión de explosivos e por falsificación de documentos.[3] Os maxistrados consideraron que Rodríguez Fialhega e Vigo se reuniron o mesmo día da súa detención para entregar tres termos con explosivos.[4] Nos fogares de Rodríguez Fialhega e Vigo atopáronse unha pota 3,2 quilos de substancias explosivas, documentación falsa, listas de posibles obxectivos e un manual sobre técnicas de interrogatorio da CIA.[5] No xuízo aos catro independentistas considerouse probada a existencia da banda armada terrorista Resistência Galega, o cal sempre negaron os acusados. Nun principio, Rodríguez Fialhega foi condenado a 18 anos de cárcere, mais posteriormente, o Tribunal Supremo de España rebaixou a pena a 13 anos e 9 meses.[6]

Durante a súa estadía no cárcere de Dueñas, en Palencia, recibiu a visita da eurodeputada Lidia Senra de Alternativa Galega de Esquerda, quen denunciou a dispersión dos presos independentistas galegos.[3] En 2019, foi trasladado até o cárcere de Teixeiro.[7] O 29 de decembro de 2023, Rodríguez Fialhega converteuse no primeiro preso do Colectivo de Presas Independentistas Galegas en acceder a beneficios penitenciarios ao saír de permiso logo de 12 anos na cadea.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Trasladan a Teixeiro e A Lama aos presos vinculados a Resistencia Galega Teto e Senlheiro". Diario de Pontevedra. 1 de abril de 2019. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  2. 2,0 2,1 "Teto Fialhega sae de permiso tras 12 anos preso por pertenza a unha “banda terrorista” sen estrutura coñecida". O Salto Diario. 29 de decembro de 2023. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  3. 3,0 3,1 "María Osório, condenada por pertenencia a Resistencia Galega, saldrá de la cárcel este jueves tras casi 6 años presa". El Correo Gallego. 5 de setembro de 2018. Consultado o 26 de novembro de 2023. 
  4. "Interior traslada a la cárcel de Teixeiro al miembro de Resistencia Galega Roberto Rodríguez "Teto"". Faro de Vigo. 2 de abril de 2019. Consultado o 4 de xaneiro de 2024. 
  5. "Interior mantiene en prisión a los cinco presos de Resistencia Galega mientras sigue liberando etarras". El Correo Gallego. 11 de xullo de 2022. Consultado o 5 de xaneiro de 2024. 
  6. "Interior traslada a cárceles gallegas a un miembro de Resistencia Galega y a un condenado por tenencia de explosivos". La Vanguardia. 1 de abril de 2019. Consultado o 4 de xaneiro de 2024. 
  7. "Trasladado de Palencia a la cárcel de Teixeiro un miembro de Resistencia Galega". La Voz de Galicia. 2 de abril de 2019. Consultado o 4 de xaneiro de 2024.