Roberto Gañán Ojea

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roberto Gañán Ojea
Roberto Gañán Ojea (Pulpul) (Ska-P) (Ruhrpott Rodeo 2013) IMGP8816 smial wp.jpg
Nacemento20 de febreiro de 1971
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupacióncantante e guitarrista
editar datos en Wikidata ]

Roberto Gañán Ojea, máis coñecido como Pulpul, nado en Madrid en 1964, é un músico español. É o actual vocalista e segunda guitarra do grupo ska punk Ska-P

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Madrid, e criado no barrio de Belmonte, a súa afección pola música comezou con 12 anos, cando comeza a escoitar a música de grupos punk vascos como Barricada, La Polla Records ou Kortatu, entre outros. Escoitando dita música quixo aprender a tocar algún instrumento, ao principio gustoulle a batería, pero na súa casa non habían recursos suficientes para comprala, polo que adquiriu unha guitarra eléctrica, unha Talmus de frecha, a cal aprendeu a tocar ben, chegando a sacar temas de grupos como Leño, Eskorbuto e sobre todo de La Polla. Máis tarde, Ricardo Delgado (Pipi) comprouse outra guitarra e xunto co Pony, o Gelete e Carlos (amigos do barrio), comezaron a compoñer algunhas cancións propias e a esnaquizar o obradoiro onde traballaba o pai de Pipi, que os acabou botando de alí.

Cando tiña 17 ou 18 anos estivo tocando e cantando nun grupo chamado Erótica, formado por Carlos, Javi, Benja e Pulpul. Foilles bastante ben e chegaron a gañar 2 concursos: o "Villa de Vallecas" e o "Certamen de jóvenes músicos de ciudad lineal".

Máis tarde empeza a cantar en diferentes grupos, case todos de rock duro, e ata estivo unha tempada de solista, pero aquilo non lle convencía, a el gustáballe o punk de La Polla, o ska combativo de Kortatu, as letras realistas e de compromiso que contaban verdades, e que a gran maioría da xente escandalizábase ao escoitar.

Logo disto xunto con Pako, Toni Escobar, Alberto Javier Amado (Kogote) e Julio César Sánchez (Julitros) decide formar unha banda de ska combativo á que chaman Ska-P. Leva ao local de ensaio dous temas para tocar, un deles moi importante para os comezos da banda: "Como un rayo", tema dedicado ao equipo de fútbol Rayo Vallecano. Aquilo funcionaba moi ben pero se atopou nun grave problema no ámbito laboral. Contaba con 10 anos de antigüidade nunha pequena empresa instaladora de calefacción e aire acondicionado, pero á vez empezaban a saír actuacións, tendo que pedir permiso para poder tocar. Abofé que todo ten o seu límite, e os seus xefes déronlle un ultimato, "ou o traballo ou a música". Isto foi unha difícil decisión para el xa que tiña na súa casa á súa nai viúva que esperaba un salario para poder vivir, pero sen a música a súa vida non tería sentido, polo que decidiu vivir da música. Tivo sorte, o camiño artístico levouno rapidamente estrelato.

Hoxe en día fai o que lle gusta e gáñase a vida con iso. As letras das súas cancións tratan xeralmente de problemas sociais, como a desigualdade, a antiglobalización, o racismo etcétera. Ademais, deixa unha mensaxe a favor da liberdade, nunca exento de polémica.

No 2005, logo do aviso do parón indefinido da banda por estaren lonxe das súas familias e amigos, Pulpul díxolle ao resto da banda que continuasen sen el, pero eles tamén quixeron cortar, excepto Pipi, que formou outro grupo, The Locos. Eles non sabían se era para sempre ou non, e neste tempo Roberto escribiu 17 temas que, ademais sumándolle 3 que escribira Joxemi, fixeron unha selección e editouse o novo álbum Lágrimas y gozos en 2008 logo de que o grupo se reunise de novo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]