Ricardo Delgado

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Ricardo Delgado
2013-08-24 Chiemsee Reggae Summer - Ska-P 4984.JPG
Nacemento15 de novembro de 1971
 Madrid
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónmúsico e cantante
editar datos en Wikidata ]

Ricardo Delgado, máis coñecido como Pipi, nado en Madrid o 15 de novembro de 1971, é un músico español. É segunda voz no grupo Ska-P e vocalista principal en The Locos.

Biografía[editar | editar a fonte]

Nado na humilde barriada de Belmonte na capital de España, comeza a traballar moi novo nunha empresa familiar. Durante este tempo comeza a escoitar a grupos como Leño, Topo, Asfalto ou Barón Rojo, para escoitar máis adiante a grupos tales como La Polla Records (o seu grupo favorito), Kortatu, Mano Negra, Cicatriz, Reincidentes, Korroskada, Vómito Social ou Virus de Rebelión.

Tras desempeñar varios empregos, aos 21 entra a traballar nunha empresa de calefacción e fontanería xunto con Pulpul, ao que acompaña despois do traballo aos ensaios nun local Vallecas, onde Pulpul, Julitros, Kogote, Pako e Toni Escobar ensaian durante horas.

Nos poucos e pequenos concertos que fai o grupo, Pipi adoita acompañalos para axudarlles a cargar e descargar o pouco equipo que naquel entón dispoñen. Un día, durante un parón nun concerto, os integrantes do grupo desafiárono se era quen de saír ao escenario durante un tema disfrazado de militar provocando ao público e facendo os coros do tema. Pipi acepta e ese sería o xermolo da súa andaina no grupo, no que a partir de entón desenvolve o rol de showman e de segunda voz.

No 2005, tras o parón indefinido do grupo, Pipi continúa no mundo da música e funda o grupo The Locos, do que é o vocalista, e publican dous álbums: Jaula de grillos (2006) e Energía inagotable (2008).

Tras a reunión de Ska-P en 2008 decide compaxinar á súa actividade nos dous grupos.

Discografía[editar | editar a fonte]

Con Ska-P[editar | editar a fonte]

* El vals del obrero (1996)
* Eurosis (1998)
* Planeta Eskoria (2000)
* ¡¡Que corra la voz!! (2002)
* Incontrolable (2003) En directo
* Lágrimas y gozos (2008)

Con The Locos[editar | editar a fonte]

* Jaula de grillos (2006)
* Energía inagotable (2008)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]