Roberto Castón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Roberto Castón
Nacemento1973
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade de Santiago de Compostela
Ocupaciónguionista e director de cinema
editar datos en Wikidata ]

Roberto Castón Alonso, nado na Coruña en 1973, é un director de cine galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Despois de estudar Filoloxía hispánica na universidade de Santiago de Compostela[1], conseguiu unha praza de profesor de lingua española en Lisboa. Despois estudou cine en Barcelona e impulsou a creación en 2004 do festival de cine Zinegoak, de temática LGBT. Dende entón foi director deste festival, que se celebra en Bilbao. Despois de dirixir algunhas curtametraxes que se exhibiron en festivais de cine gai-lésbico, en 2009 estreou a súa primeira longametraxe, Ander, onde se narra unha historia de amor entre dous homes no rural vasco, e rodada en éuscaro.

Filmografía[editar | editar a fonte]

Longametraxes[editar | editar a fonte]

  • Ander (2009)

Curtametraxes[editar | editar a fonte]

  • Maricón (2005)
  • La pasión según un ateo (2004)
  • En el nombre de Dios (2001)

Notas[editar | editar a fonte]