Saltar ao contido

Roberta Flack

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRoberta Flack

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Roberta Cleopatra Flack Editar o valor en Wikidata
10 de febreiro de 1937 Editar o valor en Wikidata
Asheville Editar o valor en Wikidata
Morte24 de febreiro de 2025 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Nova York Editar o valor en Wikidata
Causa da morteparada cardiorrespiratoria Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Oak Hill (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Grupo étnicoAfroamericano Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Howard - grao en Artes
Universidade de Massachusetts Editar o valor en Wikidata
Cor dos ollosCastaño escuro Editar o valor en Wikidata
Cor do peloCabelo negro Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoComposición musical, música e canto Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncantautora, pianista, cantante, mestra, artista discográfica Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1968 Editar o valor en Wikidata - 2022 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoSoul, jazz, adult contemporary, música tradicional e Rhythm and blues Editar o valor en Wikidata
ProfesoresFrederick Wilkerson (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraContralto Editar o valor en Wikidata

InstrumentoPiano, voz e teclado electrónico Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoAtlantic Records
RAS Records
Angel
Capitol Records
429 Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
Premios

Descrito pola fonteNotable Black American Women
Biographical Dictionary of Afro-American and African Musicians Editar o valor en Wikidata
Sitio webrobertaflack.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0280808 Allocine: 209094 Rottentomatoes: celebrity/roberta_flack Allmovie: an53496 Metacritic: person/roberta-flack
Facebook: robertaflackmusic Twitter: roberta_flack Instagram: officialrobertaflack MySpace: robertaflack Youtube: UCGlOM3fv_1i57iWt8DI5jPg BNE: XX4578700 Bandcamp: robertaflackSouncloud: robertaflackofficial Spotify: 0W498bDDNlJIrYMKXdpLHA Apple Music: 17992 Last fm: Roberta+Flack Musicbrainz: 5298bbcb-7330-49bf-a780-2d757f10a20a Songkick: 217384 Discogs: 63771 Allmusic: mn0000290072 WikiTree: Flack-1806 Find a Grave: 280130324 Deezer: 208 Genius: Roberta-flack Editar o valor en Wikidata

Roberta Flack, nada en Asheville (Carolina do Norte) o 10 de febreiro de 1937 e finada o 24 de febreiro de 2025, foi unha cantante de soul e quiet storm estadounidense.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Foi filla do organista da igrexa baptista de Ashville, polo que desde pequena se orientou musicalmente tocando o piano. Na súa mocidade recibiu nocións musicais e clases eventuais na Universidade Howard. Tras un período dando clases, foi descuberta por Less McCann cantando nun club de jazz. Moi pouco despois e grazas a el, asinou coa discográfica Atlantic.

Os seus dous primeiros álbums ("First take" en 1969 e "Chapter 2" en 1970) apenas soaron e non chegaron a colocar ningún sinxelo. Pero isto mudou cando na banda sonora de "Play Misty for Me" se incluíu unha versión de "The First Time Ever I Saw Your Face" (canción do cantante folk Ewan McColl, que xa aparecía no seu álbum debut. O sinxelo converteuse en número un e permaneceu no máis alto seis semanas, converténdose nun dos maiores éxitos de 1972. Nese mesmo ano uniuse co seu compañeiro de clase Donny Hathaway para gravar un álbum xuntos, do que se extraerían éxitos como "Where is the love" ou a versión do clásico de Carole King "You've got a friend". Pero o seu maior éxito chegaríalle en 1973 co tema "Killing me softly with his song", converténdose en número un durante cinco semanas e sendo un dos grandes éxitos da música contemporánea.

En 1974 volveu ás listas de vendas con "Feel Like Makin' Love". Nese mesmo ano tomouse un descanso para actuar con fins benéficas. Nos seguintes anos as súas aparicións eran escasas, pero continuaba traballando duro. En 1979 Donny Hathaway suicidábase, facendo volver á escena a Roberta. Afectada pola perda, buscou un novo compañeiro musical, Peabo Bryson, con quen fixo unha longa xira durante 1980. En 1983 gravaron xuntos, conseguindo o éxito con "Tonight, I Celebrate My Love". Durante toda a década dos 80 centrouse en actuar máis que en gravar, facendo numerosas xiras e actuando xunto a Miles Davis. Volveu ós postos altos das listas en 1991 co dueto "Set the Night to Music" xunto a Maxi Priest.

Desde a década de 1990 realizou xiras mundiais, nas que especialmente se centrou no jazz.

Discografía

[editar | editar a fonte]
Álbums
AnoTítuloDiscográfica
1969First takeAtlantic
1970Chapter twoAtlantic
1971Quiet fireAtlantic
1972Roberta Flack & Donny HathawayAtlantic
1973Killing me softlyAtlantic
1975Feel like makin' loveAtlantic
1975In Concert: recorded with the Edmonton Symphony OrchestraDep Entertainment
1977Blue lights in the basementAtlantic
1978Roberta FlackAtlantic
1980Roberta Flack featuring Donny HathawayAtlantic
1981Bustin' looseMCA
1982I'm the oneAtlantic
1988OasisAtlantic
1991Set the night to musicAtlantic
1995RobertaAtlantic
1997Christmas albumCapitol
2003HolidayPunahele Productions
Grammy Awards
AnoTítuloCategoríaXénero
1972Where is the loveMellor actuación de dúo ou grupoR&B
1972The first time ever I saw your faceCanción do ano
1973Killing me softly with his songMellor actuación vocal femeninaPop
1973Killing me softly with his songCanción do ano

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]