Robert Whitaker
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1952 (71/72 anos) Denver, Estados Unidos de América |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Estados Unidos de América |
Actividade | |
Campo de traballo | Xornalismo, medicina, ciencia, historia, actividade literaria e xornalismo de investigación |
Ocupación | xornalista , escritor |
Lingua | Lingua inglesa |
Premios
|
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Robert Whitaker, nado en Denver (Colorado) en 1952, é un xornalista e escritor estadounidense especializado en historia da medicina, historia da psiquiatría, ensaios clínicos e psicofármacos.[1] Finalista do premio Pulitzer en 1998, Robert Whitaker lidera no seu país o movemento crítico contra a psiquiatría biomédica. Cuestiona en particular a expansión das enfermidades mentais e o papel que desempeñou a prescrición desaforada de psicofármacos promovida desde a psiquiatría oficial académica.
Recibiu diversos premios e recoñecementos na súa carreira profesional polo seu labor como xornalista sobre temas médicos relacionados cos trastornos mentais e a industria farmacéutica, entre eles, finalista do premio Pulitzer en 1998 por unha serie de artigos que co-escribiu para o Boston Globe sobre os abusos da experimentación en pacientes psiquiátricos. A súa obra Anatomy of an Epidemic[2] foi declarada pola Investigative Reporters and Editors norteamericana como o mellor traballo de xornalismo de investigación de 2010. Foi publicada en España como "Anatomía de una Epidemia. Medicamentos psiquiátricos y el asombroso aumento de las enfermedades mentales[3]".
O seu traballo tivo eco a nivel internacional e requíreselle en moitas partes do globo para que realice conferencias explicando os seus descubrimentos. A comunidade de pacientes psiquiátricos recibiu os seus traballos con gran entusiasmo e ansiado alivio.
Robert Whitaker é o fundador e responsable de Mad in America[4] unha web crítica co sistema psiquiátrico actual.
Visitou Santiago de Compostela en maio de 2016 onde participou nunha xornada formativa organizada pola ATFM de Galicia[5] celebrada na Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ "author's biography". Arquivado dende o orixinal o 02 de xuño de 2008. Consultado o 01 de novembro de 2020.
- ↑ Whitaker, Robert (2010). Anatomy of an Epidemic.
- ↑ Whitaker, Robert (2015). Anatomía de una epidemia. Capitan Swing.
- ↑ "Mad in America". https://www.madinamerica.com/. Consultado o 01/11/2020. Ligazón externa en
|páxina-web=
(Axuda) - ↑ "Asociación de Terapia Familiar e Mediación de Galicia". http://atfmgalicia.gal. Consultado o 1/11/2020. Ligazón externa en
|páxina-web=
(Axuda)