Robert Thirsk
Robert Thirsk | |
---|---|
![]() | |
Datos persoais | |
Nacemento | 17 de agosto de 1953 |
Lugar | New Westminster |
Actividade | |
Misións | Expedição 20, Expedição 21, Soiuz TMA-15 e STS-78 |
Tempo no espazo | 204,77 días |
Premios | Medalla "Por Méritos na Exploración do Espazo" e Member of the Order of Canada |
[ editar datos en Wikidata ] |
Robert Brent "Bob" Thirsk, nado en Nova Westminster, Columbia Británica (Canadá) o 17 de agosto de 1953, é un astronauta canadense que formou parte das misións STS-78 e Soiuz TM-15, sendo membro das expedicións 20 e 21 á Estación Espacial Internacional.[1][2]
Traxectoria[editar | editar a fonte]
Thirsk graduouse e é máster en enxeñaría mecánica pola Universidade de Calgary en 1976 e polo Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts en 1978 respectivamente. Ten tamén un doutoramento en medicina pola Universidade McGill en 1982. Foi seleccionado como astronauta pola Axencia Espacial Canadense en decembro de 1983, participando nas misións STS-78 e Soiuz TM-15 e sendo membro das expedicións 20 e 21 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 204,77 días no espazo.[1][2]
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "Thirsk, Robert Brent" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 ASC-CSA, ed. (26 de setembro de 2019). "Biography of Dr. Robert (Bob) Thirsk" (en inglés). Consultado o 5 de febreiro de 2022.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Robert Thirsk ![]() |