Robert Noyce

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Robert Noyce
Robert Noyce with Motherboard 1959.png
Nacemento12 de decembro de 1927
Lugar de nacementoBurlington
Falecemento3 de xuño de 1990
Lugar de falecementoAustin
Causainfarto agudo de miocardio
NacionalidadeEstados Unidos de América
Alma máterGrinnell College e Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts
Ocupaciónfísico, inventor, enxeñeiro, empresario e informático teórico
PaiRalph Brewster Noyce
NaiHarriet May Norton
CónxuxeElizabeth Noyce e Ann Schmeltz Bowers
FillosWilliam B. Noyce, Pendred Noyce, Priscilla Noyce e Margaret Noyce
PremiosPrêmio Cledo Brunetti IEEE, Medalha Nacional de Tecnologia e Inovação, Medalha Stuart Ballantine, Medalha John Fritz, Prêmio Charles Stark Draper, Prêmio Harold Pender, Medalha de Honra IEEE, Medalha Faraday, Medalla Nacional de Ciencia, Salón da Fama dos Inventores Nacionais, IRI Achievement Award e Fellow of the American Academy of Arts and Sciences
Na rede
WikiTree: Noyce-123 Find a Grave: 81842642 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Robert Norton Noyce, nado en Burlington (Iowa) o 12 de decembro de 1927 e finado en Austin (Texas) o 3 de xuño de 1990, foi un físico estadounidense. Alcumado "o alcalde de Silicon Valley", foi cofundador de Fairchild Semiconductor en 1957 e Intel en 1968. É recoñecido xunto con Jack Kilby como o inventor do circuíto integrado ou microchip, motor da revolución dos computadores persoais, e por dar o nome a Silicon Valley.[1] Noyce ideou métodos prácticos para producir circuítos integrados en masa e foi considerado un modelo para unha xeración de emprendedores.

Premios e legado[editar | editar a fonte]

En xullo de 1959 inscribiu a patente dun tipo de circuíto integrado. Por este traballo independente sobre o circuíto integrado, rexistrado uns meses máis tarde que os do seu primeiro inventor, Jack Kilby, e polo impacto que tiveron as súas aplicacións no mundo ambos recibiron o recoñecemento de tres presidentes dos Estados Unidos.

Ademais foi o destinatario doutros premios, como a Medalla Nacional de Tecnoloxía outorgada por Ronald Reagan en 1987, e o concedido pola Academia Nacional de Enxeñaría, entregado por George H. W. Bush en 1989. No bicentenario da lei de patentes, celebrado en 1990, recibiu a Medalla en recoñecemento á súa carreira, conxuntamente con Jack Kilby e John Bardeen entre outros.

Así mesmo recibiu a Medalla Stuart Ballantine do Instituto Franklin en 1966;[2] a Medalla de Honor do Instituto de Enxeñeiros Eléctricos e Electrónicos en 1978;[3][4] a Medalla Nacional de Ciencias en 1979; foi elixido membro da Academia Estadounidense das Artes e das Ciencias en 1980;[5] e a Academia Nacional de Enxeñaría outorgoulle o Premio Charles Stark Draper en 1989, un ano antes do seu falecemento.[6]

A universidade onde estudou, Grinnell College, púxolle o seu nome ao edificio da facultade de ciencias.

Co motivo do aniversario 84 de Robert Noyce, Google deseñou un logotipo especial na hornra do cofundador de Intel.[7]

No seu afán investigador, chegou a rexistrar ata quince patentes relacionadas co campo da electrónica e dos microprocesadores.

A súa familia creou a Fundación Noyce en 1991. Esta fundación dedícase a mellorar a educación pública en matemáticas e ciencias nos niveis de primaria e secundaria.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Lécuyer, páx. 129
  2. "Franklin Laureate Database - Stuart Ballantine Medal 1966 Laureates". Franklin Institute. Arquivado dende o orixinal o 10 de decembro de 2012. Consultado o 12 de decembro de 2011. 
  3. "IEEE Medal of Honor Recipients" (PDF). IEEE. Consultado o 12 de decembro de 2011. 
  4. "Robert Noyce". IEEE Global History Network. IEEE. Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2008. Consultado o 18 de xullo de 2011. 
  5. "Book of Members, 1780-2010: Chapter N" (PDF). American Academy of Arts and Sciences. Consultado o 20 de abril de 2011. 
  6. "Recipients of The Charles Stark Draper Prize". National Academy of Engineering. Consultado o 12 de decembro de 2011. 
  7. "Google celebrates Robert Noyce birthday, Silicon Valley’s birth". PopHerald.com. 11 de decembro de 2011. Arquivado dende o orixinal o 07 de xaneiro de 2012. Consultado o 11 de decembro de 2011. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]