Robert Harting

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Robert Harting
Robert Harting 2010.jpg
Información persoal
Nome completoRobert Harting
Nacemento18 de outubro de 1984
LugarCottbus, Alemaña
Altura1,79 m.
Información de club
Club actualSCC Berlin

Robert Harting, nado o 18 de outubro de 1984 en Cottbus é un lanzador de disco alemán. Representa ao club deportivo SCC Berlin, cuxo adestrador é Werner Goldmann. É o campión olímpico, mundial e europeo de lanzamento de disco masculino.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tempada 2001-2002[editar | editar a fonte]

Gañou a medalla de prata no Campionato Mundial Xuvenil do 2001 . En campionatos posteriores tivo menos acerto e quedou no oitavo posto da eliminatoria no Campionato Mundial Júnior do 2002 . Levou a medalla de ouro no Campionato Europeo de Atletismo sub 21.

Tempada 2006-2007[editar | editar a fonte]

Comezou a participar na categoría Sénior pouco tempo despois e participou nos Campionatos Europeos de atletismo de 2006, onde non deu acadado a marca para aceder á última rolda do campionato. Mellorou no Campionato do mundo de 2007 onde acadou unha nova marca persoal de 66.93 metros que lle permitiu ganar a medalla de prata . Foi cuarto no Campionato Mundial de Atletismo e o ano seguinte quedou segundo no Campionato de inverno Europeo de Lanzamento.

Tempada 2007-2008[editar | editar a fonte]

Acadou unha nova marca persoal de 68.65 en Kaunas en xuño e foi seleccionado para o equipo alemán nos Xogos Olímpicos de Pekín . Rematou en cuarta posición cun lanzamento de 67.09 m . Pechou a tempada cunha medalla de bronce no Mundial de Atletismo da IAAF do 2008.

Tempada 2009-2010[editar | editar a fonte]

En Berlín no Campionato Mundial de Atletismo de 2009[1], Harting estaba asentado na segunda posición con medalla de prata entrando así na 6 ª rolda da final,na que acadou unha nova marca persoal de 69,43 metros conseguindo así poñerse á fronte do liderado e finalmente conseguir a medalla de ouro. O último competidor da rolda, e líder desde a primeira , o atleta polaco Piotr Malachowski, non foi capaz de mellorar lanzamento do alemán.

Tempada 2010-2011[editar | editar a fonte]

Harting estableceu un novo récord de 66,80 m que lle serviu para vencer no Campionato Europeo de equipos de 2010 e fixou a marca de 68,67 m, o mes seguinte, no Campionato Alemán de Atletismo de 2010 no que acabou levando o título nacional. Robert lanzou 68,47 m na final do Campionato Europeo de Atletismo pero iso non foi suficiente para bater a Piotr Malachowski. Aínda así, a medalla de prata foi o seu primeiro título nun campionato continental. Logo competiu na IAAF Diamond League de 2010 e gañou o Weltklasse de Zúrich, pero foi Malachowski quen gañou o Trofeo de Diamante de categoría superior. En Neubrandenburg nunha competición de un-a-un contra Malachowski, conseguiu derrotalo cun lanzamento de 69,69 m. Ao ano seguinte defendeu o seu título mundial no Campionato Mundial de Atletismo de 2011 cunha marca de 68,97 m.

Tempada 2012[editar | editar a fonte]

En maio de 2012 Harting cosechou unha nova marca persoal de 70,31 m na Reunión Werfertage Hallesche. No Campionato Europeo de Atletismo de 2012 en Helsinqui, Finlandia, Harting gañou a medalla de ouro, lanzando 68,30 m. Nos Xosgos Olímpicos de Londres 2012 conquistou a medalla de ouro en lanzamento do disco.

Peculiaridades de Robert Harting[editar | editar a fonte]

Robert Harting é coñecido polas súas exuberantes celebracións [2]. Nos últimos Xogos Olímpicos, tras lograr a medalla de ouro, rompeu a súa camiseta e correu pola pista saltando os obstáculos cunha bandeira alemá nos seus ombreiros.

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]