Robert Fisher Tomes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Robert Fisher Tomes, nado o 4 de agosto de 1823 en Weston-on-Avon, condado de Gloucestershire,[1] a 5 km ao suroeste de Stratford-upon-Avon, e finado o 10 de xullo de 1904, foi agricultor e zoólogo inglés.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Tomes naceu en Weston-on-Avon e instalouse como agricultor en Welford, Gloucestershire. Alí chegou a ser un especialista en morcegos, e describiu numerosas novas especies.

Redactou os capítulos dedicados aos insectívoros e aos quirópteros na segunda edición da obra History of Quadrupeds do zoólogo Thomas Bell.

Decaído o seu interese na ornitoloxía, renunciou como membro da Unión de ornitólogos británicos en 1866. As súas contribucións ás dúas Historias do Condado de Victoria foron as súas únicas obras significativas no campo ornitolóxico.[2]

Tomes está soterrado en South Littleton, Worcestershire, onde faleceu o 10 de xullo de 1904. A súa colección de mamíferos foi vendida ao Museo de Historia Natural de Londres, e a súa colección de aves legouna ao Museo de Worcester.

Principais publicacións[editar | editar a fonte]

  • "Occurrence of the Fork-tailed Petrel in Warwickshire". Zoologist, nº 8, pp. 2706-2707. (1850).
  • "On two species of bats inhabiting New Zealand". Proc. Zool. Soc. Lond., pp. 134–142 (1857).
  • "A monograph of the genus Nyctophilus". Proc. Zool. Soc. Lond., pp. 25–37 (1858).
  • "Descriptions of six hitherto undescribed species of bats". Proc. Zool. Soc. Lond. pp. 68–79 (1859).
  • "A monograph of the genus Epomophorus, with a description of a new species. Proc. Zool. Soc. Lond., pp. 42–58 (1860).
  • "Notes on a third collection of Mammalia, made by Mr. Fraser in the Republic of Ecuador". Proc. Zool. Soc. Lond. pp. 28 (1860).
  • "Report of a collection of mammals made by Osbert Salvin, Esq., FZS, at Dueñas, Guatemala". Proc. Zool. Soc. Lond. pp. 278 (1861).
  • "Notice of a new American form of marsupial". Proc. Zool. Soc. Lond., pp. 50–51 (1863).
  • "On a new genus and species of leaf-nosed bats in the museum at Fort Pitt". Proc. Zool. Soc. Lond., pp. 81–85 (1863).
  • "On some new or imperfectly known Madreporaria from the Inferior Oolite of Oxfordshire, Gloucestershire, and Dorsetshire". Geol. Mag. nº 23, 385-98, 443-52. (1886).
  • "On Heterastraea, a new genus of Madreporaria from the Lower Lias". Geol. Mag. nº 25, 207-18. (1888).
  • "Birds". Na Victoria County History of Worcestershire (1901).
  • "Aves". Na Victoria County History of Warwickshire (1904).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Hoxe a localidade de Weston-on-Avon pertence ao condado de Warwickshire, que foi segregado do de Gloucestershire.
  2. Simon Holloway, T. & A. D. Poyser (1996): The Historical Atlas of Breeding Birds in Britain and Ireland, 1875-1900.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]