Saltar ao contido

Riverdale (serie de televisión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Riverdale
FormatoDrama adolescente e misterio
Creado porRoberto Aguirre-Sacasa
Desenvolvido por
Intérpretes
Tema de apertura
País de orixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Lingua(s)Inglés
Temporadas7
Episodios137 (Lista de episodios)
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
  • Jon Goldwater
  • Sarah Schechter
  • Greg Berlanti
  • Roberto Aguirre-Sacasa
Localización(s)Vancouver, Columbia Británica
CámaraUnha cámara
Duración42–46 minutos
Distribuidor
Emisión orixinal
Canle de orixeThe CW
Primeiro episodio26 de xaneiro de 2017
Derradeiro episodiopresente
Na rede
http://www.cwtv.com/shows/riverdale
IMDB: tt5420376 Filmaffinity: 910593 Allocine: 18543 Rottentomatoes: tv/riverdale Allmovie: v678446 Metacritic: tv/riverdale TV.com: shows/riverdale-2017
Facebook: CWRiverdale Twitter: CW_Riverdale Instagram: thecwriverdale Youtube: UCJyEY_Iwtg8-FLP3Gg5pL0Q Netlix: 80133311 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Riverdale é unha serie de televisión estadounidense de drama e misterio baseada nos personaxes de Archie Comics. A serie foi adaptada para The CW polo xefe creativo de Archie Comics Roberto Aguirre-Sacasa, e foi producida por Warner Bros. Television e CBS Television Studios, en asociación con Berlanti Productions e Archie Comics. Orixinalmente concibida como unha adaptación cinematográfica para Warner Bros. Pictures, a idea foi convertida nunha serie de televisión para Fox. En 2015, o desenvolvemento do proxecto trasladouse a The CW, onde se encargou o piloto da serie. A rodaxe ten lugar en Vancouver, na Columbia Británica.

A serie conta cun elenco integrado por KJ Apa no papel de Archie Andrews, Lili Reinhart como Betty Cooper, Camila Mendes como Veronica Lodge e Cole Sprouse como Jughead Jones, o narrador da serie. O elenco tamén conta coas actuacións de Madelaine Petsch no papel de Cheryl Blossom, Ashleigh Murray como Josie McCoy, Casey Cott como Kevin Keller, Charles Melton e Ross Butler como Reggie Mantle e Vanessa Morgan como Toni Topaz. Outros personaxess da serie son os pais dos personaxes principais, con Luke Perry como Fred Andrews, Mädchen Amick como Alice Cooper, Marisol Nichols e Mark Consuelos como Hermione e Hiram Lodge, e Skeet Ulrich como FP Jones.

Estreouse o 26 de xaneiro de 2017,[3] cunha acollida positiva, mais a crítica foi dispar segundo progresou a serie. En xaneiro de 2019, The CW renovou a serie para unha cuarta tempada que ten prevista a súa estrea o 9 de outubro de 2019.

Primeira tempada

[editar | editar a fonte]

Ao tempo que un novo curso escolar comeza, a vila de Riverdale aínda está recuperándose da recente morte de Jason Blosson no río Sweetwater. Tras declarar a tráxica morte do seu fillo coma un asasinato, Clifford e Penelope Blossom, comezan a sospeitar dalgúns cidadáns de Riverdale. Os acontecementos transcorridos durante o verán, fixeron que Archie Andrews se decatara de que quería seguir a carreira musical e non os pasos do seu pai. Mentres tanto, Betty Cooper está ansiosa por ver a Archie, de quen está namorada, despois de todo un verán fóra; en todo caso, aínda non está lista para declararlle os seus sentimentos. Cando unha nova estudante, Veronica Lodge, chega a Riverdale dende Nova York, xunto coa súa nai, nace unha chispa entre ela e Archie. Pero Veronica non quere poñer en risco a súa nova amizade con Betty. Cheryl Blosson é a capitá do equipo de animadoras do Riverdale High, as River Vixens, quen está dolida pola morte do seu irmán e é feliz removendo problemas arredor de Archie, Betty, Jughead e Veronica.

Segunda tempada

[editar | editar a fonte]

Despois de que o asasino de Jason finalmente fora decuberto, outro terrible crime ocorre e as vida de Archie, Jughead, Betty e Veronica non volverán ser as mesmas. Despois do sucedido con Fred Andrews, Archie comeza a desconfiar de todo aquel que o rodea, inclusive dos seus amigos. Jughead achégase aínda máis ás súas raíces, especialmente despois de coñecer a Toni Topaz. Betty enfróntase os seus maiores medos e a súa propia escuridade. Busca o seu irmán Charles e descobre algo que non imaxinaba e pelexa con “Charles” ata descubrir a verdade. Veronica, pola súa banda, debe enfrontarse ó seu pai, Hiram Lodge, quen, co seu plan chamado SoDale, ameaza con cambiar Riverdale para sempre. Os mozos enfróntanse a un escuro malvado chamado "Blackhood" que intenta eliminar os pecados da cidade, asasinando ós pecadores e poñendo en risco a seguridade de tódolos cidadáns. Despois de que "Blackhood" torturara a Betty con chamadas telefónicas, ela decide comezar unha busca insaciábel ata encontralo. Cando finalmente se descobre a identidade de Blackhood, rematan os asasinatos na cidade, pero ninguén pode crer quen é o responsable. Cheryl encontra o seu derradeiro eu logo dos múltiples problemas coa súa nai.

Terceira tempada

[editar | editar a fonte]

Archie, Betty, Verónica e Judhead continúan somerxéndose nos segredos que xorden e seguen emerxendo das sombras da cidade que algunha vez pareceu un lugar tranquilo e ordinario. As circunstancias que rodean o arresto de Archie poñen en marcha o drama que está por chegar. Coa pandilla tratando que Archie quede libre, unha misteriosa criatura chamada “Rey Gárgola” rolda a cidade asasinando, por medio dun xogo, ós cidadáns de Riverdale. Mentres tanto, un escuro Hiram Lodge continúa coa elaboración dos seus plans para controlar Riverdale e o seu proxecto SoDale.

Produción

[editar | editar a fonte]

O 23 de outubro de 2014, deuse a coñecer que Greg Berlanti e Roberto Agurre- Sacasa estaban adaptando Archie para un piloto de televisión no cal interesouse a cadea Fox[4]. Non obstante, o 10 de xulio do 2015 revelouse que o proxecto estaba baixo o poder de The CW[5], ordenando a realización dun episodio piloto o 29 de xaneiro de 2016[6]. O 12 de maio do 2016, The CW escolleu o piloto do proxecto para facer a serie[7]. O rodaje do piloto iniciouse o 14 de marzo e rematou o 1 de abril[8]. A produción dos 12 episodios restantes da primeira tempada comezou o 7 de setembro en Vancouver[9]. A serie foi renovada para unha segunda tempada o 7 de marzo de 2017[10], e foi estreada o 11 de outubro do 2017[11]. A produción da segunda tempada volveu a Vancouver e a Langley.

A fotografía principal comezou a mediados de xuño do 2017[12].

Localización

[editar | editar a fonte]

A pesar de que existen catro municipios chamados Riverdale (Dacota do Norte; condado de Kossuth, Iowa; condado de Watonwan, Minnesota; condado de Buffalo, Nebrasca) todos están desvinculados da serie de televisión e non se rodou nada en ningún deles. Riverdale fou rodada en Vancouver, Canadá; e algunha localización concreta en Langley, Virxinia. Ademais das institucións privadas, tamén se utilizaron rúas en Rose Garden de Queen´s Park e casas particulares en Queens Ave en New Westminster e East 3rd Avenue en Vancouver. Tamén se usou o histórico Fort Langley Community Hall, a igrexa de St. Andrew´s United, Riverview Mental Hospital en Coquitlam para escenas concretas.

Localización ficticia Localización real
Cafetería Pop's Chock'lit Shoppe Construción nun plató en Langley. Para o capítulo piloto usouse Rocko’s Family Diner situado en Mission.
Exteriores do río Sweetwater Lago Alouette. Golden Ears Provincial Park.
Secundaria Riverdale (base) John Oliver Secondary School en Vancouver
Secundaria Riverdale (fachada) Lord Byng Secondary School
Salón de actos da Secundaria Riverdale Point Grey Secondary School
Campo de fútbol de Secundaria Riverdale Bear Creek Park en Surrey
Whyte Wyrm (Bar das serpentes no lado sur de Riverdale) Gabby's Country Cabaret
Drive-in (Autocinema) Twilight Drive-in de Aldergrove
The Pembroke (Edificio de residencia dos Lodge) The Permanent, Vancouver
Thornhill (Mansión dos Blossom) Cecil Green Park House na Universidade da Columbia Británica e Copper Stone Mansion en South Langley
  1. Netflix (ed.). "Riverdale". Arquivado dende o orixinal o 01 de xaneiro de 2017. Consultado o 31 de decembro de 2016. 
  2. Munn, Patrick (16 de decembro de 2016). TVWise, ed. "Netflix UK Acquires The CW's 'Riverdale', Freeform's 'Beyond' & Polyamorous Comedy 'You Me Her'". Arquivado dende o orixinal o 29 de xaneiro de 2017. Consultado o 20 de decembro de 2016. 
  3. Mitovich, Matt Webb; Mitovich, Matt Webb (2016-11-16). "CW Sets Midseason Dates for The 100, The Originals, Riverdale's Premiere, the Legends' Big Move and More". TVLine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-06. 
  4. "'Archie' TV Adaptation Lands at Fox". The Hollywood Reporter (en inglés). Consultado o 2019-05-06. 
  5. Moraes, Lisa de; Moraes, Lisa de (2015-07-10). "Archie Comics Drama ‘Riverdale’ Moved To CW With Greg Berlanti Producing – Comic Con". Deadline (en inglés). Consultado o 2019-05-06. 
  6. Mitovich, Matt Webb; Mitovich, Matt Webb (2016-01-30). "Pilot News: CW Orders Riverdale, Mars Mission, Transylvania Monster Mash". TVLine (en inglés). Consultado o 2019-05-06. 
  7. Andreeva, Nellie; Andreeva, Nellie (2016-05-12). "‘Riverdale’, ‘Frequency’ & ‘No Tomorrow’ Picked Up To Series By The CW". Deadline (en inglés). Consultado o 2019-05-06. 
  8. NEWS!, RIVERDALE (2016-01-04). "#RIVERDALE has officially wrapped filming!". @cwriverdalenews (en inglés). Consultado o 2019-05-06. 
  9. "Upcoming". What's Filming? (en inglés). Consultado o 2019-05-06. 
  10. Ausiello, Michael; Ausiello, Michael (2017-03-07). "Riverdale Renewed for Season 2 at CW". TVLine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-06. 
  11. Mitovich, Matt Webb; Mitovich, Matt Webb (2017-06-08). "The CW Sets Fall Premiere Dates for Flash, Supernatural, Dynasty, 7 Others". TVLine (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2019. Consultado o 2019-05-06. 
  12. Riverdale Snaps (2017-05-05). "Madelaine Petsch & Lili Reinhart | Livestream | MAY 5". Consultado o 2019-05-06. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]